Leira referenda a aposta da Deputación polo deporte inclusivo na presentación do estudo “'El Dépor Genuine y su impacto en la sociedad'
A Coruña será a sede da terceira fase de LaLiga Genuine para persoas con discapacidade a fin de semana do 15 ao 17 de marzo
O deputado provincial de Deportes, Antonio Leira, asistiu esta mañá á presentación do estudo "El Dépor Genuine y su impacto en la sociedad", un acto organizado pola Fundación Real Club Deportivo de La Coruña para presentar este traballo sobre o impacto que supón a participación das persoas con discapacidade nun equipo de fútbol.
O proxecto presenta de forma detallada unha análise individual e grupal sobre o efecto positivo e as melloras nas condicións de vida que supón para estas persoas formar parte do Dépor Genuine.
O deputado provincial de Deportes, Antonio Leira, quixo destacar "a aposta da Deputación da Coruña polo deporte inclusivo, e neste caso no fútbol, a través da nosa colaboración co Real Club Deportivo de La Coruña".
Leira salientou o "reforzo positivo que supón para estas persoas pasar a defender a camiseta de equipos de primeiro nivel nacional".
A Coruña será a sede da terceira fase de LaLiga Genuine para persoas con discapacidade
A cidade da Coruña acollerá a terceira fase de LaLiga Genuine para persoas con discapacidade a fin de semana do 15 ao 17 de marzo, na que competirán 24 equipos de todo o país.