Estás en:Emprego Novas

O deputado de Deportes, Antonio Leira, visitou o Club do Mar de Mugardos

A Deputación colabora coa entidade na adquisición de embarcacións e material deportivo

O deputado de Deportes, Antonio Leira, visitou o Club do Mar de Mugardos

O deputado responsable da área de Deportes, Antonio Leira, xunto co alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, e membros da corporación municipal, visitou o Club do Mar de Mugardos, onde se interesou polo funcionamento da entidade e as súas necesidades de cara a ao futuro.

O Club do Mar de Mugardos é unha das máis de 600 entidades que a Deputación apoia a través das súas liñas de axudas para o deporte. En concreto, a institución provincial concedeulles máis de 17.000 € nos últimos dous anos para investimentos en novas embarcacións, remos, unha zodiac a motor, así como material de adestramento e competición. Ademáis, Leira anunciou que a entidade é unha das beneficiarias das furgonetas que a Deputación financia para clubs coma este, que precisan desprazar material e un número importante de deportistas para as súas competicións.

Leira gabou o importante traballo que desenvolve o Club do Mar de Mugardos e destacou o apoio da Deputación as deporte do remo e ao deporte de base na provincia. Un apoio que se plasma en programas como o de contratación de técnicos deportivos nos concellos, que beneficiará a 67 municipios coruñeses este ano, entre eles Mugardos, cun investimento de 904.000 euros.

O deputado sinalou que se trata dun programa que "contribúe de maneira directa á xeración de 67 empregos noutros tantos municipios da provincia" e, ademais, "facilita a realización de programacións deportivas con actividades variadas e estables, promovendo a práctica do deporte e a actividade física entre os veciños e veciñas de todas as idades nos concellos da provincia".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X