Estás en:Emprego Novas

A Deputación presenta “A volta á provincia en 52 autoras” para coñecer a fondo ás escritoras da Coruña  

A Biblioteca Provincial da Deputación acolle esta mostra, que inclúe autoras de 52 municipios do territorio

Proponse un percorrido pola provincia a través de obras das autoras, con volumes representativos do seu fondo bibliotecario

A Deputación presenta “A volta á provincia en 52 autoras” para coñecer a fondo ás escritoras da Coruña   

A Deputación da Coruña presenta, con motivo do mes da muller, unha mostra moi especial para coñecer a fondo o traballo das autoras e creadoras de toda a provincia, denominada "A volta á provincia en 52 autoras".

A exposición, que inclúe obras de 52 autoras do territorio da provincia, estará dispoñible no vestíbulo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña durante os meses de marzo, abril e maio.

Ao longo do ano 2023, a Biblioteca Provincial realizou un destaque semanal dunha autora dalgún dos concellos da provincia da Coruña. Agora, tomando como base esas 52 semanas, a mostra propón un percorrido por cada un dos municipios dun xeito ameno e reivindicativo a través da obra das autoras, exemplificadas con volumes representativos do fondo bibliotecario. Para acompañar o percorrido hai un mapa virtual coas autoras propostas, xunto aos que se colocan códigos QR para complementar a información.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que a actividade, enmarcada nas actividades da institución provincial con motivo do 8M, "pretende visibilizar a contribución dalgunhas das principais autoras da provincia da Coruña á nosa literatura".

A deputada de Igualdade, Soldedad Agra, sinalou a importancia de "dar a coñecer a obra, moitas veces silenciada, de creadoras de diferentes disciplinas artísticas", apuntou. "Esta mostra é o exemplo do bo facer das nosas autoras, que sitúan á provincia no mapa literario pola gran calidade e talento que ofrecen", engadiu. "É necesario, dende as institucións, darlle voz e espazo ás mulleres e ao seu traballo, non so no ámbito literario, como é o caso, senon en todos".

Esta iniciativa nace coa idea de promover e recoñecer ás protagonistas, tentando chegar ao público da Biblioteca Provincial a través da posta en valor das súas obras.

Pódese ver o mapa virtual con todas as autoras e as súas localizacións na seguinte ligazón:

https://acortar.link/77htp8

Abegondo

Ana Pardo

Ames

Mariña Pérez Rei

Ares

Matilde Felpeto Lagoa

Arteixo

Araceli Freire Cedeira

A Baña

Carme Varela

Bergondo

Dores Tembrás

Betanzos

Sara Fraga Pérez

Boimorto

Carme López Taboada

Boiro

Charo Lopes

Cee

Concha Blanco

Culleredo

Pillar Pallarés

Ferrol

Lola Beccaria

Fisterra

Branca Vilela

A Laracha

María Rei Vilas

Malpica

Marta Villar

Mazaricos

Mª del Carmen Rey Núñez

Melide

Mary Quintero

Miño

Lúa Mosquetera

Mugardos

Teresa Cameselle

Muros

Ánxela Lema París

Narón

Ana Varela miño

Neda

Mariola Hermida

Noia

Ana Romaní

Ordes

Eli Ríos

Oroso

Andrea García Martínez

Ortigueira

Sara Vierna

Outes

Valentina Formoso

Padrón

María dos Anxos González Refoxo

A Pobra do Caramiñal

Ana Boullón

Ponteceso

Diana Varela Puñal

Pontedeume

Eva Veiga

As Pontes

Medos Romero

Porto do Son

Blanca-Ana Roig

Rianxo

Esther F. Carrodeguas

Ribeira

María Xesús Blanco

Sada

Vanesa Santiago

Santa Comba

Carmen Blanco Ramos

Santiago de Compostela

Cristina Sánchez Andrade

Teo

Pilar García Rego

Valdoviño

Rosa Aneiros

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X