Estás en:Emprego Novas

A deputada de igualdade inaugura os obradoiros “Pasado, presente e futuro do fútbol feminino” en colaboración co Pastoriza SCD

O centro tecnolóxico de Arteixo acolleu hoxe o primeiro dos 5 obradoiros, no que participaron o alumnado de 6º de primaria do CEIP Arteixo

A deputada, Soledad Agra, puxo en valor o traballo do Pastoriza SCD na promoción do fútbol feminino, "un modelo que se pode estender a toda a provincia"

A deputada de igualdade inaugura os obradoiros “Pasado, presente e futuro do fútbol feminino” en colaboración co Pastoriza SCD

O Centro Tecnolóxico de Arteixo acolleu esta mañá o primeiro dos 5 obradoiros sobre o "Pasado, presente e futuro do fútbol feminino", organizados pola área de Igualdade da Deputación da Coruña en colaboración co Pastoriza SCD. A deputada Soledad Agra asistiu a esta primeira xornada, na que resaltou o exemplo do Pastoriza SCD na promoción do fútbol feminino entre a rapazada, e reflexionou sobre a súa importancia co alumnado de 6º de primaria do CEIP Arteixo.

O obradoiro comezou coa conferencia de Pablo Mariño, adestrador da UEFA B da SCD Pastoriza fútbol base feminino, que fixo un repaso pola historia do fútbol feminino da provincia, amosando o exemplo de xogadoras referentes como "Irene a Porteira" ou Fina López.

Posteriormente, a adestradora do Interrias Cristina Oreiro relatou a súa experiencia, dificultades e logros para chegar a adestrar un equipo de segunda división e poder dedicarse ao fútbol profesional. Tras ela, o coordinador das escolas de fútbol base do SCD Pastoriza, Pablo Pérez, falou sobre a importancia do fútbol como transmisor de valores máis alá da consecución de metas e resultados, e como canalizador da igualdade real na sociedade.

Neste sentido, Soledad Agra resaltou o exemplo do Pastoriza, "que aposta polos equipos mixtos, cun modelo que se pode trasladar a toda a provincia", apuntou. "É importante facer ver, como o fai este club, que o fútbol non é só unha competición deportiva, senon que tamén é un excelente medio para acadar unha sociedade máis igualitaria dende a base", sinalou. "Por iso debemos promover que os equipos mixtos se estendan a máis categorías, incluso das que propón a Federación, como o fai o Pastoriza SCD".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X