Estás en:Emprego Novas
Reto lector

Descubrir Galicia (25 de xullo, Día de Galicia)

A Biblioteca provincial propón ás súas usuarias e usuarios un reto lector este verán, co Día de Galicia como fonte de inspiración. Achegamos "Descubrir Galicia", unha proposta para coñecer ou redescubrir a nosa terra, que vén con premio!

Descubrir Galicia (25 de xullo, Día de Galicia)

Este verán desfruta da lectura co noso reto sobre Galicia.

Dende a eBiblioDaCoruna estivemos a preparar un reto lector dixital para que redescubras ou coñezas sobre diversos temas relacionados coa nosa terra e a nosa cultura: patrimonio cultural e natural, gastronomía, historia... unha variada selección que premiará ás 10 persoas que máis tempo invistan na lectura dos materiais propostos.

É moi sinxelo, accede á eBibliodacoruna, préstate os recursos seleccionados sobre Galicia no casrrusel "Descubrir Galicia" e desfruta da nosa terra e a nosa cultura dende calquera lugar e á hora que prefiras.

O reto estará dispoñible dende o 24 de xullo ata o 31 de agosto e as 10 persoas que máis tempo pasen lendo e consultando os materiais propostos levarán un lote de produtos da Biblioteca provincial.

Mergúllate no noso reto e empápate da nosa terra!

Sobre as orixes do Día

O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.

As orixes desta celebración remóntanse a novembro de 1919, cando se celebrou en Santiago de Compostela a II Asemblea Nazonalista das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte, impoñéndose ás teses defendidas por Antón Villar Ponte para celebralo o 17 de decembro, considerado daquela o aniversario da decapitación do mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo.

O Día Nacional de Galicia entréganse as medallas de Galicia, creadas en 1984, e realízase unha ofrenda a Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres.

A seguir deixámosvos unha copia do Alba de groria de Castelao, discurso feito para a conmemoración do Día da Patria Galega no ano 1948, e que ficou xa por sempre como un dos textos imprencindíbeis para o galeguismo.

AlbadeGroria_Detalle.jpg

Alba_de_groria,_nunha_edición_de_1951,_do_Centro_Gallego_de_Buenos_Aires.pdf

Na Biblioteca provincial dispoñemos do orixinal publicado en Bos Aires, coa sinatura: M/648

Feliz Día a todas as galegas e galegos!

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X