Estás en:Emprego Novas
BIBLIOCLIP, MÚSICA DENDE A BPDC

“Cara a onde imos? (laralalelolalelolalá cobiza)”

Tema: Pobos Indíxenas
Canción: "Cobiza", A banda da Loba
Imaxe: Atlas de Joan Martines, 1587, facsímile (sinatura RA/72)

“Cara a onde imos? (laralalelolalelolalá cobiza)”

Este mapamundi luxosamente iluminado ilustra os coñecementos xeográficos da segunda metade do século XVI. O seu autor, Joan Martines, traballou na cidade siciliana de Messina e en 1588 foi nomeado Cosmógrafo Real por Felipe II, trasladándose a Nápoles.

Na actualidade, viven en illamento voluntario e contacto inicial ao redor de 200 grupos de Pobos Indíxenas. Estas poboacións autóctonas habitan bosques recónditos ricos en recursos naturais de Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, India, Indonesia, Papúa Nova Guinea, Perú e Venezuela. Escollen vivir apartados do mundo, baixo un modelo de mobilidade que posibilita a súa dedicación á recolección e á caza, e a preservación das súas linguas e culturas, pero que implica unha dependencia do seu hábitat natural, pois calquera cambio na súa contorna pode afectar á súa supervivencia.

Aínda que teñen dereito á autonomía, estes grupos de Pobos Indíxenas deben facer fronte a grandes ameazas, as veces non recoñecidas polas sociedades nas que viven. Certas actividades desenvolvidas nos territorios nos que están asentados, como a agricultura, a minería, o turismo ou a explotación dos recursos naturais, están a provocar a deforestación dos bosques que protexeron durante xeracións.

O 9 de agosto conmemórase o Día Internacional dos Pobos Indíxenas para dar a coñecer as súas necesidades e crear conciencia sobre a súa precaria situación. Atópanse hoxe entre as poboacións máis desfavorecidas e vulnerables. Para máis información: https://www.un.org/es/observances/indigenous-day.

Estes tamén son os perigos da deforestación.

Vídeo
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=P-tXUeAVgr4

Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/5mpE0upyae5P3GFEPPW3by

Recomendacións lectoras
Papel:
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=895340&A6=5001378390001&A7=0
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=895330&A6=5001359660001&A7=0
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=895344&A6=5000453210002&A7=0
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc2gao.exe?W1=5&W2=895336&A6=1000210350001&A7=0
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc2gao.exe?W1=5&W2=895339&A6=1000211580001&A7=0

Dixital:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/austral-00255391
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-vigilante-nocturno-00094179
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-maldicion-de-la-nuez-moscada-00382871
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/hija-del-guardian-del-fuego-00255395
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-mooch-de-laxmi-00401071

Audiolibro:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/bajo-el-volcan-00352948
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-corazon-de-las-tinieblas-00353011
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-vida-despues-premio-nobel-de-literatura-2021-00357221

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X