O Club de Ría de Betanzos gaña o III Circuíto Deputación da Coruña de Piragüismo
O club betanceiro quedou tamén primeiro na derradeira regata celebrada hoxe no lago das Pontes, na que o Club Rías Baixas de Boiro foi segundo e o Xuventude pontés, terceiro clasificado
O Club Ría de Betanzos proclamouse esta mañá nas Pontes gañador do III Circuíto Deputación da Coruña de Piragüismo.
O club betanceiro gañou tamén a regata celebrada esta mañá no lago das Pontes, a derradeira das cinco que integraron este circuíto ao longo deste verán en distintas localidades da costa coruñesa: Pontedeume, Betanzos, As Xubias, Boiro e As Pontes.
Nesta derradeira regata participaron un total de 11 clubs e 338 deportistas de 11 clubs da provincia, das categorías prebenxamín, benxamín e alevín, que competiron en 1.500 metros; e infantil e cadete, que disputaron os 3.000 metros. O segundo clasificado na regata pontesa foi o Club Rías Baixas de Boiro e o terceiro, o club local, o Xuventude das Pontes.
Na clasificación xeral do Circuíto Deputación da Coruña, o Club Ría de Betanzos proclamouse vencedor, seguido na clasificación polo Firrete de Pontedeume, As Xubias da Coruña, Club Deportivo Náutico de Miño, Club de Piragüismo de Narón, KDM Cabanas, Escola de Piragüismo de Outes, Xuvenil de As Pontes, Club de Piragüismo de Rianxo e Club Rías Baixas Boiro.
O deputado de Deportes, Antonio Leira, e as concelleiras de Deportes e Igualdade, Elena López e Tania Pardo, felicitaron aos gañadores e gañadoras e entegaron os galardóns tras unha animada xornada deportiva.
Leira destacou o apoio da Deputación da Coruña ao deporte de base "fundamental para promover vocacións e forxar aos deportistas que lograrán os grandes éxitos deportivos o día de mañá para esta provincia".