Estás en:Emprego Novas

Ampliación do prazo de xustificación de diversas axudas para entidades locais

DOGA 30/10/2024

  • Fondo de Compensación Ambiental

ORDE do 21 de outubro de 2024 pola que se modifica a Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (códigos de procedemento PR483A, PR483B, PR483C e PR483D) (Diario Oficial de Galicia número 17, do 24 de xaneiro).

«1. As entidades beneficiarias terán de prazo para executar o proxecto subvencionado e presentar a conta xustificativa ata o 15 de novembro de 2024».

  • Creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais

ORDE do 23 de outubro de 2024 pola que se modifica a Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (código de procedemento PR486A) (Diario Oficial de Galicia número 9, do 12 de xaneiro).

«1. As entidades beneficiarias terán de prazo para executar as actuacións subvencionadas e presentar a documentación xustificativa ata o 15 de novembro de 2024».

  • Construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable

ORDE do 28 de outubro de 2024 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos establecido no artigo 16 da Orde do 21 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, e se procede á súa convocatoria para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento DE401C).
" (...) establecendo como data límite para a execución do proxecto e presentación da documentación xustificativa, para a anualidade 2024, o 15 de decembro."

ORDEN do 28 de outubro de 2024 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos establecido no artigo 12 da Orde do 28 de xullo de 2023, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2023 para a concesión de subvencións, plurianuais e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable (código de procedemento DE401C).
"(...) establécese como data límite para a execución do proxecto e presentación da documentación xustificativa o 15 de decembro para a anualidade de 2024"

  • Obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais

ORDE do 29 de outubro de 2024 pola que se modifica a Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486D).
1. As entidades beneficiarias terán de prazo para executar as actuacións subvencionadas e presentar a documentación xustificativa ata o 30 de novembro de 2024, na primeira anualidade, sen prexuízo de que as certificacións de obra e as facturas emitidas desde esta data ata o 31 de decembro poidan aplicarse para xustificar a anualidade 2025.
De acollerse ao réxime de pagamento anticipado da primeira anualidade, os concellos terán de prazo ata o 31 de maio de 2025 para executaren as actuacións subvencionadas, aprobar as facturas e certificacións de obra e proceder ao seu pagamento. Para a presentación da documentación xustificativa terán de prazo ata o 30 de xuño de 2025.
Na segunda anualidade, o prazo de execución e xustificación finalizará o 31 de outubro de 2025.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X