Estás en:Emprego Novas

Subvencións para embelecemento do litoral galego: corrección de erros sobre o prazo para a realización e pago do gasto

AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de outubro de 2024 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación previstos na Resolución do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TU503G).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 201, do 17 de outubro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 55038, onde di: «4. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e pagados entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 29 de novembro de 2024», debe dicir: «4. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e pagados entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 29 de novembro de 2024».

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X