Estás en:Emprego Novas

A Deputación recibe o Club de Atletismo Narón, campión de España Sub-14 de Atletismo

O deputado de Deportes destaca "a importancia de apoiar o deporte de base para conseguir grandes logros coma este, que nos enchen de orgullo"

A Deputación recibe o Club de Atletismo Narón, campión de España Sub-14 de Atletismo

O deputado de Deportes, Antonio Leira, presidiu a recepción oficial da Deputación da Coruña aos integrantes do Club de Atletismo Narón, que veñen de alzarse co ouro no Campionato de España Sub-14 de Atlestismo celebrado en Madrid.

Leira felicitou os mozos e mozas deportistas por "este magnífico éxito deportivo, froito do voso esforzo e traballo constante" e animounos a "seguir adestrando duro e conseguindo éxitos para o deporte da provincia da Coruña".

"Na área de Deportes da Deputación dicimos que o deporte fainos grandes, e vós sodes boa proba diso, da importancia que ten apoiar o deporte de base para conseguir grandes logros como este campionato de España, que fan que nos sintamos orgullosos de vós", afirmou o deputado.

Pola súa banda, o director deportivo do club, Manuel Polo, agradeceu o apoio constante da Deputación ao deporte base, que permite clubs como o naronés desenvolvan a súa actividade e acaden logros importantes coma este e destacou a importancia de crear eventos como Circuíto Deputación da Coruña de Atletismo en Pista, que promoven a participación dos clubs e fomentan a afección ao atletismo.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X