Estás en:Emprego Novas

O II Circuíto de atletismo en pista para menores de 14 anos da Deputación da Coruña comeza esta fin de semana en Santiago de Compostela

As probas continuarán o 30 de novembro na Coruña e o 15 de decembro en Ferrol

O II Circuíto de atletismo en pista para menores de 14 anos da Deputación da Coruña comeza esta fin de semana en Santiago de Compostela

O deputado de Deportes, Antonio Leira, e a secretaria xeral da Federación Galega de Atletismo (FGA), Yolanda González, presentaron o II II Circuíto de atletismo en pista Deputación da Coruña para menores de 14 anos que se celebrará en Santiago, A Coruña e Ferrol.

Este mesmo sábado, 16 de novembro, dará comezo en Santiago de Compostela a primeira das probas que se de desenvolverá nas pistas de atletismo da USC. As probas continuarán o 30 de novembro na cidade da Coruña e o 15 de de decembro en Ferrol e desenvolveranse nas categorías sub-10 (nados en 2012 e 2013), sub-12 (nados en 2014 e 2015) e sub-14 (nados en 2012 e 2013). Poderán participar atletas pertencentes a clubs da provincia da Coruña e coa licenza federativa en vigor. En cada xornada, cada atleta poderá participar nun máximo de dúas probas, das cales unha será unha carreira e outra un concurso.

A inscrición para as probas faise a través do sistema online web da Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e pode formalizarse ata as 20 horas do luns anterior á realización de cada un dos eventos.As probas estarán controladas tecnicamente pola Federación Galega de Atletismo (FGA). En canto aos premios, os tres primeiros atletas de cada categoría e proba con máis puntuación, recibirán un trofeo.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X