Estás en:Emprego Novas

O Torneo Inter-Nacional de Balonmán Deputación da Coruña reúne esta fin de semana a 400 deportistas infantís e cadetes en Santiago de Compostela

O evento serve como preparación das seleccións galegas infantís e cadetes masculinas e femininas para o Campionato de España de xaneiro

O Torneo Inter-Nacional de Balonmán Deputación da Coruña reúne esta fin de semana a 400 deportistas infantís e cadetes en Santiago de Compostela

A Deputación da Coruña reúne esta fin de semana en Santiago a máis de 400 deportistas infantís e cadetes. Faino a través do Torneo Inter-Nacional de Balonmán Deputación da Coruña, que Compostela acolle entre hoxe e o domingo 8 de decembro.

As seleccións galegas infantís e cadetes masculinas e femininas exercen de anfitrioas nun torneo no que tamén compiten os combinados do Principado de Asturias e os portugueses da Rexión de Porto e a de Rexión de Aveiro.

Deste xeito, a cidade compostelá acolle esta fin de semana o último campionato de preparación das seleccións galegas para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA), que se celebrará en Cataluña en xaneiro do 2025. Á celebración do Torneo Inter-Nacional uniráselle a presentación oficial dos combinados galegos, o domingo 29 de decembro no Auditorio Fontán da Cidade da Cultura.

As seleccións galegas nestas categoría acadaron o pasado ano unha medalla de prata na categoría infantil feminina e dous quintos postos nas infantil e cadete masculinas.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X