"A lixeira caída, a gran subida (aleluia)"
Tema: Emily Dickinson
Canción: "Hallelujah", Leonard Cohen
...The minor fall, the major lift (hallelujah)...
A poetisa que escribía para si.
O 10 de decembro de 1830 nacía Emily Dickinson, en Amherst, Massachusetts. Recibiu unha boa educación, habitual en Amherst pero non para as nenas da época.
Desde os 20 anos, foi medrando o seu interese na escritura e a súa consciencia de ser "diferente" debido á súa sensibilidade poética. A súa vocación da adolescencia de converterse en poetisa, viuse cumprida no transcurso dun breve e intenso período de creación (1858-65), no que escribiu, revisou e reuniu centos de poemas en cadernos. Tras esta etapa seguiu a escribir poesía, en papeis soltos.
O seu afán de coñecemento fíxoa afondar en diversos campos, tamén se dedicou á xardinería. Ademais, contou cun cuarto propio, crucial para a súa poesía. Cumpridos os 35 anos, a súa vida era tranquila e solitaria, cos seus pais e a súa irmá Lavinia.
Durante a súa vida publicáronse 10 poemas seus, de xeito anónimo e aparentemente sen consentimento. A maior parte da súa obra era privada, só a coñecía a autora, pois apenas compartiu en contadas ocasións algún verso coa familia e certos amigos. Con todo, varios escritores e editores quixeron publicala. A partir dos 50 anos, Emily pechouse máis a publicar e recluíuse en casa, dedicada á creación poética. Posiblemente buscou perfeccionar e desenvolver ao máximo a súa poesía.
Os seus últimos anos estiveron marcados pola enfermidade e a morte dos seus achegados. Finalmente, tamén enfermou e padeceu problemas de saúde ata a súa morte en 1886, aos 55 anos.
Tras o seu falecemento, Lavinia atopou no cuarto de Emily máis de 40 cadernos e case 2.000 poemas, que decidiu amosar. Os versos foron publicándose, sen orde definida, pois non tiñan data, e separados por temas.
A poesía de Emily, única e difícil de clasificar, foi obtendo relevancia e recoñecemento cos anos. Os versos, concisos e profundos, contan cunha puntuación propia e cun peculiar uso das maiúsculas, e amosan a súa sensibilidade, capacidade de observación e amor pola natureza.
A grandeza dunha obra que o tempo recoñeceu.
Vídeo
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=YrLk4vdY28Q
Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/7yzbimr8WVyAtBX3Eg6UL9
Recomendacións lectoras
Papel:
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=27838&A6=5001338720001&A7=0 [La miniatura incandescente]
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=27838&A6=5001291500002&A7=0 [Herba abraiada]
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=27838&A6=5001099700003&A7=0 [El vento comenzó a mecer la hierba]
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=28259&A6=5001142680001&A7=0 [Poesía completa]
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=27838&A6=5001338720001&A7=0 [Poemas a la muerte: antología]
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=28249&A6=5000863080001&A7=0 [Los sótanos del alma]
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=28291&A6=50007895600013&A7=0 [La hermana]
Dixital:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-libro-de-la-esperanza-00169471
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/cartas-de-emily-dickinson-un-campo-minado-00401554
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/senoras-ilustres-que-se-empotraron-hace-mucho-00347998
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/preferiria-ser-amada-00037630
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/mori-por-la-belleza-00086979
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/emily-dickinson-complete-poems-00038219
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/100-mujeres-que-cambiaron-el-mundo-00049196