Estás en:Emprego
Notas para unha edición coruñesa

Ediciós do Castro (1963-2008)

Cada semana destacamos unha das obras da mostra bibliográfica "Notas para unha edición coruñesa: arredor de 180 anos de edición na provincia". Unha selección de obras de editoras da provincia publicadas dende o ano da fundación da biblioteca ata a actualidade.

Ediciós do Castro (1963-2008)

A historia da edición coruñesa e galega non se contaría igual sen Ediciós do Castro. A editorial creada por Isaac Díaz Pardo no ano 1963 foi un dos primeiros proxectos do Laboratorio de Formas, e nace co fin de recoller a identidade e cultura galega e recuperar a memoria de Galicia a través da escrita.

Do Castro contribúe ao mundo editorial cun amplo e diverso catálogo de publicacións: narrativa, ensaio, arte, historia e ciencia. Esta gran diversidade de temas e xéneros nutre o seu gran número de coleccións, algunhas tan recoñecidas como Os Cadernos do Laboratorio de Formas.

Se algo caracteriza as publicacións desta editorial, tamén na narrativa, é o seu espírito crítico: coñecer a nosa tradición e conectala co contemporáneo. Quizais é por isto que no 1969 dicide facer unha edición crítica de "O Divino Sainete" de Manuel Curros Enríquez, unha obra publicada orixinalmente no 1888.

Homenaxea así a este gran poema satírico da historia de nosa literatura cunha edición que inclúe estudos de Xesús Alonso Montero e Andrés Torres Queiruga, ademais de ilustracións de artistas actuais como Colmeiro, Xosé Conde Corbal, Isaac Díaz Pardo, Laxeiro ou Beatriz Rey.

A cuberta é de Luis Seoane, unha figura moi ligada a Ediciós do Castro, tanto é así que el mesmo foi o responsable do nome da editorial e o primeiro en publicar nela.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X