Estás en:Emprego
Acticividades da BPDC na provincia: Encontros coas letras

A nova poesía oral galega

A Deputación da Coruña, a través da Biblioteca Provincial, e Asociación Galega de Escritores e Escritoras poñen en marcha "Encontro coas Letras", un proxecto que mestura grandes autores e autoras galegos con escritores e escritoras máis descoñecidos e permitiralle á comunidade lectora da provincia da Coruña disfrutar da literatura de forma directa e próxima.

A nova poesía oral galega

A Deputación da Coruña, a través da Biblioteca Provincial, e a Asociación Galega de Escritores e Escritoras, poñen en marcha "Encontro coas Letras", un proxecto que mestura grandes autorxs galegxs con escritorxs máis descoñecidos e que lle permitirá, á comunidade lectora da provincia da Coruña, gozar da literatura de forma directa e próxima.

Para presentar este novo proxecto, contaremos cunha sesión na Biblioteca provincial, para logo do verán percorrer algunhas Bibliotecas da provincia.

Primeiro encontro: Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

  • Participantes: Branca Trigo Cabaleiro e Lucía Aldao
  • Tema do encontro: A nova poesía oral galega
  • Data: 22 de maio
  • Hora: 19h
  • Lugar: No 2º andar da Biblioteca (Rúa Rego de auga 37, A Coruña)
  • Entrada libre (non é preciso anotarse)

Autoras participantes do primeiro encontro:

BrancaTrigoCabaleiros.jpg

Branca Trigo Cabaleiro (Vigo, 1997) é escritora, regueifeira e editora en Malafera, un selo independente especializado en poesía. É autora dos poemarios Coñecemento do Medo, Condolore e Trans0, ademais dos fanzines Sagrado corazón de Бáба Ягá, Ω  e O ser e o nervio. A súa obra baséase na experimentación e mestura da literatura con outras disciplinas como a música ou as artes plásticas. É tamén dinamizadora cultural, organizando o micro aberto de poesía Cerimonia de gaivotas. No pasado mes de abril participou nas Residencias Artísticas de Mariñán, organizadas pola Deputación da Coruña, co proxecto poético Mandrágora, arredor da bruxería e da monstrosidade.

LuciaAldao.png

Lucía Aldao (A Coruña, 1982) é poeta, compositora, cantante e dinamizadora cultural. É autora dos poemarios Unha ducia máis un, Todo isto antes era noite e Ninguén morreu de ler poesía. A súa obra está baseada na mestura da poesía coa música e o humor en propostas escénicas. Como dinamizadora cultural é creadora de diversos espectáculos poéticos xunto a María Lado, como Aldaolado, así como o grupo poético Poetas da hostia, un xogo lírico que xunta os poetry slams coa interacción co público. Actualmente lidera a banda PAVA, coa que obtivo o Premio Martín Códax ao mellor proxecto de pop/indie.

---

Tras este primeiro encontro, e pasado o verán, terán lugar as seis citas restantes (entre setembro e novembro) nas diferentes bibliotecas da provincia que acollerán esta iniciativa.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X