EE.LL.: axudas concedidas para financiamento actuacións en materia de residuos e implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles
XUNTA DE GALICIA
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
DOGA 15/05/2025
RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975U) (Diario Oficial de Galicia número 250, do 30 de decembro).