Estás en:Emprego

Técnicas de seguimento de fauna silvestre (COD. 2504)

Técnicas de seguimento de fauna silvestre (COD. 2504)

Sede/Modalidade:

Presencial.

Parte teórica no Salón Pequeno de Afundación. Cantón Grande, 8. A Coruña.

O último día, pola mañá, haberá unha saída ao campo na contorna do Rio Mandeo ao paso polo lugar de Chelo.

Duración:

21 horas lectivas.

Datas e horarios:

8, 15 de novembro, de 9:30 a 13:30 e de 14:30 a 17:30 horas na aula da Coruña.

22 de novembro, de 9:30 a 14:30 saída na contorna do Río Mandeo. De 16:30 a 18:30 clase na aula da Coruña.

Prazas:

40 prazas.

Destinatarios/as:

Persoas con domicilio na Provincia da Coruña que traballen, ou colaboren, con entidades de carácter
ambiental. Debe indicarse na solicitude con que entidade se traballa ou colabora.
No caso de haber vacantes, poderían asistir outras persoas, con domicilio na provincia da Coruña,
interesadas na materia do curso.

Obxectivos:

- Proporcionar aos participantes os coñecementos teóricos e prácticos esenciais para o seguimento
efectivo da fauna silvestre.
- Capacitar ao alumnado no uso de diversas ferramentas e metodoloxías de seguimento.
- Fomentar unha comprensión da ecoloxía da fauna e a súa relación coas técnicas de seguimento.
- Desenvolver habilidades para a interpretación de indicios e a recolección de datos en campo.

Contido:

DÍA 1: INTRODUCIÓN AO SEGUIMENTO (7 HORAS)
Fundamentos e métodos invasivos
- Módulo 1: Introdución ao seguimento da fauna silvestre.
- Módulo 2: Métodos invasivos.
Introdución á mostraxe non invasiva
- Módulo 3: Rastros e indicios.
- Módulo 4: Observación pasiva e técnicas acústicas.
Trampeo e cámaras trampa
- Módulo 5: Técnicas acústicas avanzadas ̈: ultrasóns.
- Módulo 6: Cámaras trampa.

DÍA 2: GPS SIX E TELEDETECCION(7 HORAS)

GPS, SIX e teledetección
- Módulo 7: Aplicacións móbiles para toma de datos (necesario portátil para o alumnado).
- Módulo 8: Introdución aos SIX e teledetección (necesario portátil para o alumnado).

DÍA 3: TÉCNICAS AVANZADAS E PRÁCTICA DE CAMPO INTENSIVA (7 HORAS)
Rastrexo e recolección de indicios en campo
- Módulo 9: Práctica de campo: rastrexos e observación.
Análise de datos, presentación de proxectos e conclusións
- Módulo 10: Procesamento e análise de datos de campo.

Certificado:

O alumno/a que asista, como mínimo, ao 75% das clases lectivas, terá dereito a certificado de
participación no curso.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X