Estás en:Emprego

Kit Espazos de Datos - Data límite 31/03/2026

Kit Espazos de Datos - Data límite 31/03/2026

Convocatoria:
Axudas destinadas á transformación dixital dos sectores produtivos estratéxicos mediante o fomento da adaptación e incorporación de participantes aos espazos de datos.

Obxectivos:
- Financiar os custos incorridos polos participantes no proceso de incorporación efectiva a un espazo de datos das entidades públicas e privadas.
- Fomentar a compartición de datos entre entidades.
- Escalar ecosistemas de datos e casos de uso.

Beneficiarios:
Entidades Públicas e Privadas e Administracións Públicas.

Gastos Subvencionables:
- Gastos de persoal propio.
- Gastos de contratación de servizos.
- Gastos de adquisición de produtos para a preparación dos datos e a conexión a un espazo de datos.
Será condición necesaria para obter a condición de beneficiario realizar a incorporación efectiva dun participante a un espazo de datos ou ben a incorporación efectiva avanzada como provedor a un espazo de datos.

Cuantía da Subvención:
Entidades Públicas e Privadas:
• Incorporación efectiva dun participante: ata 15.000 €
• Incorporación efectiva avanzada como provedor: ata 30.000 €
Administracións Públicas:
• Incorporación efectiva dun participante: ata 25.000 €
• Incorporación efectiva avanzada como provedor: ata 50.000 €

Prazos e Presentación:
Prazo de presentación: 03/11/2025 ás 11:00h ata 31/03/2026 ás 11:00h.

Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Red.es
Teléfono:900 909 001 

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfono: 881 045 900 / 617 675 400
E-mail: nextdeputacion@dacoruna.gal

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X