Estás en:Emprego
Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura - FEMPA

Proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas - DATA LÍMITE: 02/03/2026

Proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas - DATA LÍMITE: 02/03/2026

Convocatoria:
Axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros.

Obxectivos:
Mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, da calidade e do incremento do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca e da seguridade das infraestruturas fronte a eventos meteorolóxicos provocados polo cambio climático.

Entidades beneficiarias:
• Confrarías de pescadores.
• Agrupacións de interese económico do sector pesqueiro.
• Organizacións de produtores.
• As cooperativas e asociacións profesionais de persoas pescadoras e mariscadoras.
• Asociacións profesionais de redeiras.

Gastos subvencionables:
Adquisición de equipamento, instalacións e accesorios necesarios, servizos profesionais, montaxe, conexión e posta en marcha, e a obra civil asociada para a execución de:
• Proxectos de equipamentos para a mellora da eficiencia enerxética.
• Proxectos de equipamentos que contribúan á protección do ambiente e os que permitan reducir a pegada de carbono asociada ás actividades que se desenvolven nos edificios ou instalacións dos portos pesqueiros en que se presten servizos ou desenvolvan actividades directamente vinculadas coa actividade pesqueira, nas lonxas pesqueiras ou nas instalacións de frío existentes.
• Proxectos de equipamentos de mellora da seguridade e das condicións de traballo das persoas pescadoras.
• Proxectos de equipamentos para a mellora da calidade e de incremento do control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.
• Proxectos de obras de modernización de infraestruturas portuarias pesqueiras.

Contía da subvención:
Intensidade máxima: ata o 100% do investimento subvencionable por proxecto.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 29/01/2026 - 02/03/2026

Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro
Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 142
Correo-e: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X