Axudas LEADER - DATA LÍMITE: 06/04/2026
Convocatoria:
Axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao amparo da Intervención LEADER, cofinanciadas co FEADER no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC).
Obxectivos:
Estas axudas buscan promover o desenvolvemento rural, o emprego, o crecemento económico, a inclusión social e a diversificación da economía nas zonas rurais de Galicia, mediante proxectos seleccionados polos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR).
Entidades beneficiarias:
Poden ser beneficiarias das axudas para operacións en apoio de terceiras persoas:
• Entidades públicas de carácter local ou comarcal (concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes).
• Persoas físicas ou xurídicas privadas, incluídas pequenas empresas.
• Comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e os proxectos deben desenvolverse no ámbito territorial dun GDR de Galicia.
Gastos subvencionables:
Con carácter xeral, son subvencionables os gastos necesarios para cumprir a finalidade do proxecto, sempre que non superen o valor de mercado, entre eles:
• Construción, adquisición e mellora de inmobles (con límites e condicións).
• Adquisición de terreos (ata o 10 % do gasto subvencionable).
• Maquinaria e equipamento novos, incluído leasing con opción de compra.
• Investimentos intanxibles: software, páxinas web, estudos, publicacións e dixitalización.
• Custos xerais vinculados ao investimento (honorarios técnicos, estudos de viabilidade).
• Gastos notariais, rexistrais, licenzas, patentes e marcas.
• Medios de transporte, con limitacións segundo o tipo de proxecto (produtivo ou non produtivo).
Contía da subvención:
Contía máxima de axuda por proxecto: 200.000 €.
A intensidade da axuda varía segundo o tipo de proxecto, situándose xeralmente entre o 15% e o 50% do investimento subvencionable.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 03/02/2026 - 06/04/2026
Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Santiago de Compostela
Teléfono: 981 547 354
Correo-e: infoagader@xunta.es
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
