Estás en:Emprego

FHN: convocatoria do posto de Secretaría Xeral do Pleno do Concello de Lugo, libre designación

MINISTERIO PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL E DA FUNCIÓN PÚBLICA

BOE 16/02/2026
FUNCIONARIOS DE HABILITACIÓN NACIONAL
Resolución do 6 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publica a convocatoria para a provisión de posto de traballo reservado ao persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional polo sistema de libre designación.

Corporación: Concello de Lugo.
Denominación do posto: Secretaría Xeral do Pleno.
Complemento específico anual: 36.645,00 euros.
Requisitos dos aspirantes: Pertencer á escala de funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional, subescala de Secretaría, categoría superior.
Publicación íntegra da convocatoria: Resolución do 27 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade á convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo reservado a persoal funcionario de Administración Local con habilitación de carácter nacional. (Publicado no Diario Oficial de Galicia, do 6 de novembro de 2025).
Coñecemento da lingua propia da comunidade autónoma: Acreditar estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou do seu equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X