Axudas ás persoas agricultoras mozas - 09/04/2026
Convocatoria:
Axudas destinadas ás persoas agricultoras mozas en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2026.
Obxectivos:
Axudas destinadas á incorporación de persoas agricultoras mozas e á modernización das explotacións agrarias:
• Favorecer o relevo xeracional no sector agrario e a creación de novas explotacións viables.
• Mellorar a competitividade, viabilidade e modernización das explotacións agrarias mediante investimentos.
Inclúense dúas liñas principais:
• Establecemento de persoas agricultoras mozas.
• Investimentos en modernización ou mellora de explotacións agrarias.
Entidades beneficiarias:
Para establecemento de persoas agricultoras mozas:
• Persoas de entre 18 e 40 anos que non cumpran 41 no ano da solicitude.
• Que se establezan por primeira vez como xefas dunha explotación agraria.
• Deben presentar un plan empresarial e cumprir a condición de agricultor/a profesional nun prazo máximo de 18 meses.
• A explotación debe alcanzar unha renda unitaria de traballo ≥ 35% da renda de referencia.
• Deben permanecer na actividade agraria polo menos 5 anos desde o pagamento final da axuda.
Para investimentos en modernización ou mellora de explotacións agrarias:
• Persoas agricultoras mozas que soliciten simultaneamente a axuda de incorporación.
• Poden ser persoas físicas ou xurídicas titulares dunha explotación agraria.
Gastos subvencionables:
Persoas agricultoras mozas:
A axuda concédese para apoiar a instalación dunha persoa moza na actividade agraria mediante a execución dun plan empresarial.
Os gastos subvencionables están asociados ás actuacións incluídas nese plan empresarial, que pode incorporar: investimentos na explotación agraria, melloras territoriais ou edificacións necesarias para a actividade, desenvolvemento da explotación agraria, custos de formación e capacitación, servizos de asesoramento ou acompañamento técnico, actuacións para mellorar a sustentabilidade ambiental, outras actuacións necesarias para a viabilidade económica da explotación.
Para investimentos en explotacións:
Son subvencionables investimentos materiais e inmateriais destinados a mellorar o rendemento, a competitividade ou a viabilidade da explotación agraria. Entre eles inclúense:
• Construción ou reforma de instalacións agrarias.
• Compra de maquinaria ou equipamento agrícola.
• Plantación ou mellora de cultivos leñosos frutícolas.
• Compra de terreos ou construcións agrarias en desuso (con límites).
• Investimentos inmateriales asociados, como:honorarios técnicos, estudos de viabilidade, asesoramento técnico ou ambiental, licenzas de software.
Contía da subvención:
- Persoas agricultoras mozas:
O importe da axuda será de 30.000 euros, que poderá incrementarse ata os 70.000€ en función de determinados criterios establecidos na convocatoria.
Nas explotacións intensivas, a axuda máxima queda limitada a 30.000 €.
- Para investimentos en modernización ou mellora de explotacións agrarias:
O importe da axuda será do 30% dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65% dependendo de determinados criterios establecidos na convocatoria .
A contía máxima da axuda establécese en 75.000 €/UTA, cun máximo de 250.000 €/persoa beneficiaria.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 10/03/2026 - 09/04/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica: Establecemento de persoas agricultoras mozas.
Sede electrónica: Investimentos en modernización ou mellora de explotacións agrarias.
Contacto:
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña
Teléfono: 981184554 / 981182256
Correo-e: sea.medio-rural.coruna@xunta.gal
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
