Programa Peme Dixital 2026 - 31/05/2026
Convocatoria:
Programa Peme Dixital 2026 para a prestación de servizos de apoio á transformación dixital, así como para a concesión de axudas económicas ás pequenas e medianas empresas da demarcación territorial da Cámara de Santiago de Compostela.
Obxectivos:
Impulsar a transformación dixital das pemes, promovendo o uso eficiente das TIC para mellorar a produtividade, competitividade e capacidade innovadora das empresas. Ademais, fomentar a adopción de ferramentas dixitais, comercio electrónico e marketing dixital, apoiar a implantación de solucións TIC e favorecer a transferencia de tecnoloxía e coñecemento ás empresas.
Entidades beneficiarias:
• Pequenas e medianas empresas (pemes) validamente constituídas que exerzan actividade económica.
• Deben ter domicilio social ou centro produtivo na demarcación da Cámara de Comercio de Santiago.
• Facturación mínima de 100.000 € na última anualidade.
• Estar dadas de alta no IAE antes do 1 de xaneiro de 2024.
• Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
• Non estar en situación de empresa en crise nin incursa nas prohibicións para obter subvencións.
Gastos subvencionables:
Son subvencionables os gastos relacionados coa execución do Plan de implantación de solucións TIC, destinados a introducir a economía dixital e mellorar a produtividade e competitividade da empresa.
Inclúense principalmente:
• Implantación de aplicacións informáticas e solucións dixitais necesarias para o desenvolvemento da actividade empresarial.
• Dereitos de uso de solucións na nube (SaaS) e licenzas de software, cun período máximo de 12 meses.
• Hardware específico necesario para o funcionamento da solución implantada.
• Servizos de consultoría para análise de necesidades, deseño da solución, integración con sistemas e seguimento da implantación.
• Servizos de posta en marcha, configuración e desenvolvemento da solución.
• Formación ou capacitación do persoal para o uso das solucións implantadas.
• Conectividade de banda ancha, cando sexa necesaria para utilizar as solucións implantadas e supoña unha nova alta.
Os gastos deben estar correctamente xustificados e non poden corresponder a solucións xa financiadas polo programa Kit Digital.
Contía da subvención:
Orzamento máximo subvencionable por empresa:
• 7.000 € de custos directos + 7% de custos indirectos (490 €): total máximo 7.490 €.
Porcentaxe de axuda: 60% do custo elixible.
Subvención máxima por empresa: 4.494 €.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 17/03/2026 - 31/05/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Cámara Santiago de Compostela
Rúa República Checa 40
15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
Teléfono: 981 596 800
Correo-e: informacion@camaracompostela.com
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
