Liña 2 PEL Emprende
Apoio á creación de empresas no ámbito local
Finalidade: dinamizar a actividade empresarial e fortalecer o tecido produtivo a nivel local, apoiando a xóvenes emprendedores na posta en marcha da súa idea de negocio a través de incentivos á inversión en bens inventariables necesarios para a realización da actividade da empresa. Deste xeito, contribuir á posta en marcha de empresas socialmente responsables que convertan á provincia nun territorio máis sostible ecompetitivo que base o seu crecemento na innovación empresarial.
2.1. Axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables (PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO)
Esta liña de axudas ten por obxecto contribuir á consolidación do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables de pequenas, medianas empresas e microempresas. Se subvencionan aqueles investimentos que resultan necesarios para o desenvolvemento da actividade: Aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario e equipos para procesos de información.
2021
2020
2019
2018
2017
2.2. Axudas para a promoción dos viveiros de empresa e espacios de traballo (coworking) que dinamicen a actividade empresarial e fortalezan o tecido productivo a nivel local.
Convocatoria anual de axudas para a promoción de espazos de traballo(viveiros de empresas, centros de negocios e coworking) que dinamicen a actividade empresarial local.
A súa finalidade é axudar aos concellos a dispoñer de instalacións para a creación de espazos de traballo ou apoiar os que xa estén en funcionamento e dinamizalos.
2.3. Proxecto piloto de creación dun espacio de traballo colaborativo (coworking) xestionado pola deputación en colaboración cun concello da provincia.
O Coworking do Pazo de Arenaza en Oleiros é o centro piloto da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo que impulda a Deputación a través do Plan de Emprego Local.
2.4. Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial (PEL-EPR PREMIO)
A súa finalidade consiste en premiar as iniciativas e o traballo realizado polas empresas, asociacións empresariais e concellos, fomentando o seu papel fundamental como xeradores de riqueza e de emprego na provincia.
- Ampliación do prazo de presentación de candidaturas da cuarta edición (2020)
- Bases cuarta edición (2020)
- Bases terceira edición (2019)
- Bases segunda edición (2017)
- Bases primeira edición (2016)
2.5. Apoio aos concellos para a prestación de servizos de asesoramento a emprendedores e orientación laboral.
A rede de coworking establece mecanismos de coordinación e colaboración na prestación de servizos a empresas e emprendedores entre os distintos espazos que conforman a rede.
2.6. Axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial da provincia a través do apoio á realización de actividades e/ou actuacións (PEL EMPRENDE ACTIVIDADES)
A finalidade destas axudas é contribuir á consolidación do tecido empresarialnos concellos da provincia a través do apoio para a realización de actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial de pequenas, medianas empresas e microempresas. Se subvencionan actuacións de consultoría, titorización/mentorización e formación relacionadas coa implantación de medidas de responsabilidade social empresarial, marketing, comunicación e expansión de mercados.
2019
2018
2.7. Axudas para sufragrar as cotas da Seguridade Social a autónomos/as (Liña 2.7 PEL-Autónom@s)
A finalidade destas axudas é o fomento do emprendemento e o traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña poñendo en marcha mecanismos necesarios para a supervivencia e fortalecemento do tecido empresarial autónomo ante a nova realidade económica xurdida pola COVID-19.