Estás en:Emprego Liñas Liña 2 PEL Emprende Rede Provincial de Coworking

Rede Provincial de Coworking

O PEL presta especial dedicación á creación de empresas e ao tecido empresarial e por iso a Liña 2. PEL- Emprende, céntrase na creación de empresas e no apoio  a emprendedores no ámbito local, na contribución á dinamización e consolidación da actividade empresarial e no fortalecemento  do tecido produtivo da provincia.

Este reforzo materialízase a través de dúas liñas específicas:

  • Liña 2.2- Axudas para a promoción de espazos de traballo (viveiros de empresas, centros de negocios e coworking) que dinamicen a actividade empresarial e fortalezan o tecido produtivo a nivel local: Rede Provincial de Coworking.
  • Liña 2.3- Creación e posta en marcha dun proxecto piloto de traballo colaborativo (coworking) xestionado pola Deputación en colaboración cun concello da provincia: coworking Pazo de Arenaza en Oleiros.

 

Ambas liñas de axudas sirven de instrumento para a creación, posta en marcha e dinamización da REDE PROVINCIAL DE ESPAZOS DE TRABALLO COLABORATIVO, que aglutina distintos espazos de traballo localizados en concellos da provincia (viveiros de empresas, centros de negocio e coworking).

Logo Rede idea 2.png

O obxectivo principal desta Rede é establecer uns mecanismos de coordinación e colaboración na prestación de servizos a empresas e persoas emprendedoras  entre os distintos espazos  que formen parte dela.

A Rede está formada por novos viveiros de empresas, centros de negocios ou  coworkings creados baixo a demanda de Concellos  ou ben por centros xa existentes nos que o Concello ou entidade sen ánimo de lucro solicita apoio para o seu funcionamento e dinamización.

A Rede pretende funcionar de xeito eficiente, de maneira que as distintas sedes presten un servizo eficaz e coordinado non só no concello no que se empracen, senón tamén en concellos circundantes, ben atendendo aos límites administrativos da comarca, ben atendendo a outros criterios de eficiencia.

En definitiva, preténdese  que a Rede de espazos traballo, con sede en diferentes concellos,  ofreza  de forma eficiente un servizo público orientado ás persoas  emprendedoras e ás empresas, sendo primordial:

  •  O fomento do emprego
  • A dinamización do tecido empresarial de cada concello/comarca
  • A difusión de coñecementos,  competencias e habilidades que sexan clave á hora de emprender
  • A posta en marcha de novos negocios
  • Traballar especificamente en programas de xestión empresarial en sectores estratéxicos.

 

A Rede quere contribuír aos seguintes obxectivos específicos:

1. Fomentar o traballo colaborativo a través do uso de espazos de coworking

O coworking é un espazo de traballo común destinado á instalación de profesionais de diferentes sectores, autónomos e emprendedores para o desenvolvemento dos seus proxectos. Os profesionais comparten o mesmo espazo, fomentando así as sinerxias, a economía social e colaborativa e o espírito de comunidade.

Esta forma de traballar implica o aluguer dun posto de traballo individual nunha zona colectiva con acceso a internet e outros servizos e prantéxase como a solución ideal para aqueles profesionais e autónomos, freelances ou microempresas que queren evitar o illamento con todo o que leva aparexado.

O aforro de custos e as sinerxias, son sen dúbida as principais vantaxes dos espazos de coworking, así como a flexibilidade e conciliación.

A Rede busca apoiar ás empresas e emprendedores que desexen acceder aos espazos de coworking adheridos para o desenvolvemento da súa actividade.

2. Apoiar a creación e consolidación de empresas

Mediante a instalación de empresas de nova creación nos viveiros de empresas, co obxecto de contribuír a súa viabilidade a través da disposición de instalacións e a prestación de servizos a baixo custo,  e mediante a instalación de diferentes empresas e profesionais que así o desexen nos centros de negocios existentes para beneficiarse das súas vantaxes.

A Rede dase a coñecer a todos os concellos, que a través dos seus servizos de emprego e desenvolvemento local promocionarán a rede e os seus servizos, informando a potenciais usuarios e derivando ás persoas interesadas aos espazos de traballo máis axeitados para o desenvolvemento do seu proxecto empresarial ou para a realización da súa actividade.

Bases reguladoras das axudas para a dinamización e xestión dos espazos de traballo da Rede Provincial de Coworking (PEL-REDE COWORKING 2025)

Convocatoria 2025

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Bases reguladoras das axudas para a dinamización e xestión dos espazos de traballo da Rede Provincial de Coworking (PEL-REDE COWORKING 2024)

Convocatoria 2024

Resolución de concesión

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Bases reguladoras das axudas para a dinamización e xestión dos espazos de traballo da Rede Provincial de Coworking (PEL-REDE COWORKING 2023)

Convocatoria 2023 

Resolución de concesión 

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Protocolo común de actuación dos espazos de traballo integrados na Rede Provincial

Logotipo fondo azul: pdf   png

Logotipo fondo blanco: png

Páxina web da Rede: https://redecoworking.pel.gal/

Espazos de traballo que forman parte da rede na actualidade:

 

 

 

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X