PEL-PEMES Creación e ampliación do cadro de persoal

Finalidade |  Solicitantes  Convocatoria 2026  

Prazo de presentación de solicitudes do 15 de novembro ás 9.00h ao 16 de decembro ás 14.00h

Máis información

Finalidade

Axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas 

A finalidade destas subvencións é apoiar ás pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas dos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes para a contratación laboral dun/dunha traballador/a.

Cada empresa poderá solicitar a subvención para a contratación dun/unha traballador/a durante un período de 12 meses, durante os cales a subvención cubrirá como máximo o 60% dos custos salariais e de seguridade social da persoa traballadora.

O contrato poderá ter unha duración superior a 12 meses, pero a subvención cubrirá unicamente os custos correspondentes aos meses do contrato incluídos dentro da anualidade 2026.

O período subvencionable comprenderá gastos salariais e de seguridade social das contratacións iniciadas na anualidade 2026 e que teñan unha duración mínima de 6 meses.

Solicitantes

Poderán solicitar estas axudas pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, promotoras de iniciativas empresariais que estean desenvolvendo unha actividade con ánimo de lucro e reúnan os seguintes requisitos: 

  • Ter o domicilio fiscal e, como mínimo, un centro de traballo* nun municipio da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes, que deberá constar no Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria no momento de presentar a solicitude.

*Poderán acceder á subvención aqueles/as solicitantes que non dispoñan de centro de traballo, sempre que conste no Certificado de Situación Censual que a actividade se desenvolve fóra dun local determinado ou non exista obriga legal de dispoñer de centro de traballo.

  • Con anterioridade á data de publicación da convocatoria:
    • Estar dado/a de alta nalgunha actividade empresarial e constar recollida no Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria.
    • No caso de persoas autónomas, estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional.
    • No caso de persoas xurídicas, estar inscritas no Rexistro mercantil ou no Rexistro público correspondente.

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X