PEL-PEMES Mantemento

Finalidade |  Solicitantes  |  Convocatoria 2027

Finalidade

A finalidade das subvencións é apoiar ao tecido empresarial provincial para o mantemento do posto de traballo laboral indefinido creado con cargo ás axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas (PEL-Pemes Creación e Ampliación 2026).

O período mínimo subvencionable será de 6 meses e o máximo de 12 meses (de xaneiro a decembro de 2027), polo que se subvencionarán exclusivamente os gastos salariais e de seguridade social correspondente aos meses do mantemento da contratación incluídos dentro da anualidade 2027. A contía máxima da subvención a conceder será o 50% dos custos estimados de contratación.

Solicitantes

Poderán solicitar estas axudas pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, beneficiarias da subvención PEL-Pemes Creación e Ampliación 2026, que realizaron a contratación obxecto desa axuda de maneira indefinida inicialmente ou que a transformaron a indefinida con carácter previo ao inicio do período subvencionable da convocatoria PEL-Pemes Mantemento 2027 (é dicir, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2027), e que reúnan os mesmos requisitos establecidos na convocatoria PEL-Pemes Creación e Ampliación 2026, na data de publicación da convocatoria (publicación do extracto no BOP).

Convocatoria aberta

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X