Estás en:Emprego Liñas

Liñas

Concellos
Concellos

Apoio aos concellos da provincia na prestación de servizos municipais

Emprende
Emprende

Apoio á creación e dinamización de empresas no ámbito local

Pemes
Pemes

Fomento do emprego estable e de calidade a través da realización de novas contratacións

Financiamento Europeo
Financiamento Europeo

Captación de fondos europeos para o desenvolvemento de proxectos

Xornadas e eventos
Xornadas e eventos

Organización e colaboración en xornadas divulgativas e eventos

LIÑA 1 PEL–CONCELLOS

Apoio aos concellos na contratación de traballadores e traballadoras para a prestación de servizos municipais básicos, así como a paliar os efectos derivados da pandemia no seu tecido empresarial local.

  • Axudas á contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais imprescindibles (PEL-Concellos)
  • Fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña, destinado aos municipios da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes (PEL-Reactiva I)
  • Axudas ao sector das orquestras e verbenas (PEL-Concellos OV)

 

LIÑA 2 PEL-EMPRENDE

Apoio á creación e ao recoñecemento de empresas no ámbito local, ao fomento do emprendemento e a xestión e coordinación de espazos de traballo colaborativo.

  • Axudas ao fomento da iniciativa empresarial para a posta en marcha da súa idea de negocio
  • Axudas para a promoción dos viveiros de empresa e espacios de traballo (coworking) que dinamicen a actividade empresarial e fortalezan o tecido productivo a nivel local: Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo.
  • Proxecto piloto de creación dun espacio de traballo colaborativo (coworking) xestionado pola Deputación en colaboración cun concello da provincia: coworking Pazo de Arenaza (Oleiros).
  • Incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial: Premio Provincial á mellor Iniciativa Empresarial.
  • Apoio aos concellos para a prestación de servizos de asesoramento a emprendedores e orientación laboral.
  • Axudas para sufragrar as cotas da Seguridade Social a autónomos/as.
  • Programa específico de apoio á hostalería e axencias de viaxe: PEL-Reactiva II

 

LIÑA 3 PEL-PEMES

Fomento da creación directa de emprego de calidade a través da xeración de novos postos de traballo nos concellos de menos de 20.000 habitantes.

  • Incentivos á Contratación: axudas para a creación ou ampliación do cadro de persoal de pequenas empresas e microempresas en calquera das modalidades xurídicas existentes.
  • Programa de incentivos ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

 

LIÑA 4 PEL-FINANCIAMENTO EUROPEO

Captación de fondos procedentes da Unión Europea para o desenvolvemento de proxectos vinculados aos obxectivos do Plan de Emprego Local a través do deseño e a presentación de candidaturas ás convocatorias dos distintos programas de financiamento da Unión Europea que máis se adecúen ás necesidades de desenvolvemento da provincia e, máis concretamente, aos obxectivos do PEL. Así como, unha vez aprobados, levar a cabo a súa execución, implementación e seguimento.

Posta en marcha dunha oficina técnica para o aproveitamento das oportunidades de financiamento de actuacións provinciais que brindan os fondos de recuperación Next Generation.

OUTRAS LIÑAS DE ACTUACIÓN

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X