PEL-EMPRENDE Investimento

Presentación

A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en aplicacións informáticas, maquinaria, utillaxe, mobiliario e equipos para proceso de información.

Destinatarios

Os/as destinatarios/as destas axudas son pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais no ámbito provincial da Coruña, que teñan ánimo de lucro e que con anterioridade á data de publicación da convocatoria destas axudas, reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter domicilio fiscal e centro de traballo nalgún municipio da provincia da Coruña con menos de 10.000 habitantes
  • Ter actividade económica con ánimo de lucro

Non poderán ser solicitantes as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, carentes de personalidade xurídica propia.
Tampouco poderán ser solicitantes da axuda, as asociacións, autónomos colaboradores e as corporacións de dereito público (confrarías...).
Os/as socios/as ou accionistas dunha sociedade non poderán solicitar subvención a nivel individual se xa a presentaron como parte da sociedade.

Convocatorias pechadas

  • 2019

 

  • 2018

 

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X