Estás en:Emprego Novas

O Plan Único da Deputación inviste preto de 200.000 euros para dotar de saneamento ao lugar de Mantoño, en Porto do Son

As obras, que están actualmente en licitación, permitirán dar servizo a 23 vivendas

O Plan Único inviste un total de 467.000 euros en obras de saneamento en Porto do Son

O Plan Único da Deputación inviste preto de 200.000 euros para dotar de saneamento ao lugar de Mantoño, en Porto do Son

A Deputación da Coruña financia na súa totalidade, a través do Plan Único, un proxecto valorado en 193.328 euros que permitirá dotar de saneamento ao lugar de Mantoño, no Concello de Porto do Son.

As obras, que darán servizo a 23 vivendas, consistirán na execución dun colector principal de PVC, conectado á rede existente no lugar de Beneso, ao que se unirán outros cinco ramais secundarios. Tamén se proxecta a habilitación de pozos de rexistro e das acometidas para cada un dos inmobles. Ademais, está prevista a reposición do pavimento afectado durante o transcurso dos traballos.

A actuación está actualmente en fase de licitación no perfil do contratante municipal e o prazo de presentación de ofertas remata o 26 de febreiro.

Preto de 500.000 euros en saneamento

Con este proxecto para o lugar de Mantoño xa son 467.000 euros os que inviste a Deputación da Coruña a través do Plan Único en obras de saneamento no Concello de Porto do Son, que contempla actuacións tamén en Esparelle, Cans e Caamaño.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X