Estás en:Emprego Novas

A Deputación cede senllas embarcacións eléctricas aos programas de turismo náutico dos xeodestinos A Coruña e As Mariñas e Barbanza Arousa

"A concesión avanza no noso proxecto de aproveitamento dos recursos fluviais, moi claramente sustentábel, pois estas dúas barcas estarán propulsadas por enerxía limpa", salientou o vicepresidente provincia e responsable de Turismo, Xosé Regueira

A Deputación cede senllas embarcacións eléctricas aos programas de turismo náutico dos xeodestinos A Coruña e As Mariñas e Barbanza Arousa

A Deputación da Coruña, dentro das súas liñas de mellora da calidade e da competitividade turística, acordou conceder a cesión de senllas embarcacións eléctricas non somerxíbeis á Asociación de Desenvolvemento Rural As Mariñas-Betanzos, no xeodestino A Coruña e As Mariñas, e á Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa Zona Norte, no xeodestino Barbanza Arousa.

"Esta concesión avanza no noso proxecto de aproveitamento dos recursos fluviais, moi claramente sustentábel, pois estas dúas barcas estarán propulsadas por enerxía limpa", salientou o vicepresidente provincial, Xosé Regueira. "É unha actuación máis dos varios programas piloto relacionados co turismo fluvial no que traballamos no departamento de Turismo, e cremos que moi interesante para un país como Galiza e para unha provincia, como é a da Coruña, cun gran potencial fluvial", engadiu.

O obxectivo da área de Turismo é que o programa chegue, en vindeiras anualidades, á totalidade do territorio e que os seis xeodestinos da provincia poidan contar con cadansúa embarcación. "Trátase de seguir dando pasos no deseño e estrutura dun produto fluvial que teña rendibilidade e retorno no territorio, tanto a nivel de emprego como de economía e mesmo de ocio para a poboación residente", explicou Regueira.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X