Estás en:Emprego Novas

Ana Lamas visita as obras de renovación da estrada de Papoi a Mandiá, en Ferrol, nas que a Deputación inviste 128.878 euros

As tarefas fináncianse con cargo ao Plan Único provincial e permitirán acondicionar 4 quilómetros de firme no tramo que vai desde o cruzamento da Pedra ao lugar de Cocheras


A deputada avaliou o inicio dos traballos acompañada do alcalde, Ángel Mato

Ana Lamas visita as obras de renovación da estrada de Papoi a Mandiá, en Ferrol, nas que a Deputación inviste 128.878 euros

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, visitou esta tarde xunto co alcalde de Ferrol, Ángel Mato, a obras de mellora da estrada de Papoi a Mandiá, en fase de execución.


Os traballos deron comezo esta semana e contan cun orzamento de 128.878 euros financiados con cargo ao Plan Único da Deputación. As tarefas permitirán repoñer o firme ao longo de catro quilómetros de vía no tramo que vai desde o cruzamento da Pedra ao lugar de Cocheras, en Covas.
O proxecto renovará 27.000 metros cadrados de estrada e servirá para borrar o mal estado do firme nunha vía que conta cun importante volume de tráfico rodado. As medidas darán continuidade as xa levadas a cabo hai un ano e medio desde Catabois á Pedra, que permitiron acondicionar 5,5 quilómetros de pavimento para mellorar a seguridade viaria no municipio.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X