Estás en:Emprego Novas

A Deputación financia a construción de novas beirarrúas na estrada que vai ao porto de Outes

O Plan Único financia as obras que dotarán de novas beirarrúas á estrada que vai ao Porto e pavimentará a vía de acceso a Mosteiro

A Deputación financia a construción de novas beirarrúas na estrada que vai ao porto de Outes

FOTO (ARQUIVO) Visita do presidente a Outes, o pasado mes de xaneiro

A Deputación da Coruña licita por 70.918 euros as obras para acondicionar o acceso a Mosteiro e a construción de novas beirarrúas na estrada ao Porto, en Outes. As actuacións están financiadas 100% con cargo ao Plan Único provincial.

As obras servirán para mellorar a seguridade viaria da estrada a Mosteiro, en Sabardes, que polo paso do tempo e o tráfico rodado precisa mellorar a súa superficie. Así pois, demolerase o firme existente para repoñelo e pavimentar con lastro e formigón. Tamén se proxecta a retirada do muro de mampostería existente e a construción de dous de 17 e 10 metros de lonxitude e de 1,5 e 1 metros de alto.

Á súa vez, mellorarase a seguridade peonil no termo municipal coa demolición das beirarrúas na estrada que vai ao Porto e a posterior construción doutras novas ao longo de 335 metros, cunha anchura de preto de dous metros de ancho. Estas contarán con bordo de formigón prefabricado e baldosa de formigón vibrado e garantirán unha mellor accesibilidade e seguridade ás persoas que circulen por elas.

Completa o proxecto a adaptación de pozos e arquetas existentes á nova rasante.A iniciativa contará cun prazo de execución de seis meses

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X