Estás en:Emprego Novas

Os produtos culinarios singulares de Cabo Ortegal e da Reserva da Biosfera triunfan na Feira de tendencias turísticas de Bilbao

O departamento provincial de Turismo, que xestiona o vicepresidente Xosé Regueira, apostou por unha estratexia de promoción turística baseada nun selo Unesco consolidado, a Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e nun futuro selo Unesco xeolóxico, o Xeoparque de Cabo Ortegal

Produtos de ambos territorios protagonizaron os showcookings a cargo dos cociñeiros Óscar Galandum e Ganna Alinachikova, da 'Taberna Bardancas' de Cariño, e de Lolo Mosteiro e Paula Martínez, da 'Artesa da moza crecha' de Betanzos

Os produtos culinarios singulares de Cabo Ortegal e da Reserva da Biosfera triunfan na Feira de tendencias turísticas de Bilbao

Unha crema de algas e queixo de Moeche con esponxa de remolacha ao perfume de azahar, e un pisto da Reserva con miga de bonito en conserva do Cabo Ortegal, foron as receitas que desgustou o público que esta mañá participou no showcooking da Deputación da Coruña en 'Expovacaciones'. A Feria de experiencias e tendencias turísticas que se está a celebrar esta fin de semana en Bilbao está servindo de escaparate para promocionar Cabo Ortegal e a Reserva da Biosfera a través da súa oferta gastronómica.

A través dun programa de degustacións comentadas e de showcookings, o público puido coñecer as singularidades tanto dos produtos culinarios como das empresas artesás que os transforman e o bo facer dos cociñeiros e cociñeiras que elaboraron as receitas en directo. Neste sentido, o responsable da área provincial de Turismo e vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira indica que "estamos apreciando un interese especial polo destino turístico do noso territorio e, evidentemente, tamén estamos constatando que os selos Unesco seguen tendo moito tirón ante posibles visitantes".

Xosé Regueira explica que "esta estratexia de promoción ligada ao territorio permite poñer en valor outros recursos importantes como son a paisaxe, a cultura, o benestar en destino e a alta calidade dos produtos que promocionamos". Outro factor importante que tamén salienta o vicepresidente "é a cualidade de destino non masificado do noso territorio". A este respecto, lembra que nun estudo recente da Fundación Telefónica se constatou que 3 de cada 5 turistas estarían dispostos a pagar un prezo máis elevado por un destino non masificado.

Ademais do showcooking desta mañá, a cargo de Lolo Mosteiro e Paula Martínez, tamén se ofreceu unha degustación de algas de Consevas Mar de Ardora de Ortigueira e, pola tarde, promocionaranse as Maruxas de Nata de San Sadurniño. No último día da feira, o domingo, o stand da Deputación da Coruña acollerá un showcooking, de novo a cargo de Lolo Mosterio e Paula Martínez, que cociñarán ruisotto de alga de Mar Ardora con alioli, xema de ovo curada e salada das Mariñas. As degustacións comentadas incluirán queixo ecolóxico de Lácteos Moeche, e conservas vexetais Amieiro de Cariño.

Na xornada o venres, foron o cociñeiro Óscar Galandum e a cociñeira Ganna Alinachikova, da 'Taberna Bardancas' de Cariño, os encargados de elaborar receitas de milfolla de chutney de anchoa La Pureza e queixo O Casal afumado, e berberechos á cariñesa Galandum Style. As degustacións comentadas centráronse en conservas de peixe La Pureza de Cariño, de requeixo de Brigantia e O Casal de San Sadurniño, e de queixo ecolóxico Lácteos de Moeche.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X