Estás en:Emprego Novas

O Plan Único da Deputación financia a continuación do paseo peonil do Rego de Cambeda, en Vimianzo

A obra, que conta cun orzamento de 135.000 euros, permitirá ampliar este itinerario cara o sur, chegando ata a avenida de Fisterra

O proxecto está a licitación pública no perfil do contratante municipal ata o 12 de maio

O Plan Único da Deputación financia a continuación do paseo peonil do Rego de Cambeda, en Vimianzo

O Plan Único da Deputación da Coruña financiará integramente o proxecto para a continuación do paseo peonil do Rego de Cambeda, no Concello de Vimianzo. A obra, que conta un orzamento de 135.000 euros, está a licitación pública no perfil do contratante municipal ata o 12 de maio.

Esta actuación ten o obxectivo de ampliar cara o sur, desde a rúa Vilar ata a avenida de Fisterra, o itinerario existente, que comeza na zona da ponte da rúa Vilar e discorre pegado ao río por detrás do colexio infantil, cruzando a estrada que vai desde o cruce de Casais ata A Toxa, na Braña do Cura, e estendéndose ata a ponte de Ponterroda. Trátase dun paseo de 2 metros de ancho, con pavimento de formigón armado con acabado impreso en relevo.

O que se pretende agora con este proxecto é continuar o paseo peonil en dirección sur, de forma que chegue ata a avenida de Fisterra e comunicalo coa beirarrúa de dita rúa cunha rampla para que os peóns poidan salvar o desnivel existente.

Os traballos a levar a cabo inclúen, ademais da execución da base de pavimento, a instalación de tres pequenas pontes en zonas nas que o paseo deberá cruzar sobre cursos de auga: unha sobre a canle do Muíño da Agra, outra sobre o rego de Trasouteiro e a última no propio Rego de Cambeda.

Ademais, colocaranse unhas varandas de madeira, idénticas ás que hai nas anteriores fases do paseo, fóra da zona de servidume entre o paseo e os predios privados. Tamén se contempla a instalación de bancos e papeleiras, a habilitación de colectores para a drenaxe da auga e de puntos de luz LED en todo o tramo.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X