Estás en:Emprego Novas

A Deputación financia con 223.000 euros do Plan Único as melloras na pavimentación no barrio de Labarta e no Vilar, en Noia

Para o barrio de Labarta o proxecto prevé reparar o firme das diferentes rúas que o compoñen

No caso do lugar do Vilar instalarase un novo pavimento, xa que o actual ten unha antigüidade de máis de 15 anos

Os proxectos estarán a licitación pública no perfil do contratante municipal ata o 20 de xuño

A Deputación financia con 223.000 euros do Plan Único as melloras na pavimentación no barrio de Labarta e no Vilar, en Noia

A Deputación da Coruña destina, a través do Plan Único, un total de 223.017,22 euros para mellorar a pavimentación das diferentes vías que compoñen o barrio de Labarta e o lugar do Vilar, no Concello de Noia.

O proxecto para o barrio de Labarta, valorado en 133.543,83 euros, prevé reparar o firme das diferentes rúas que compoñen esta zona de Noia. Os traballos inclúen a limpeza das vías, a pavimentación destas e o posterior marcado e pintado de vías, prazas de aparcamento e pasos de peóns. Tamén se contempla a eliminación de varias barreiras arquitectónicas.

Por outra banda, no caso do lugar do Vilar a actuación conta cun orzamento de 89.473,39 euros e permitirá renovar o pavimento desta aldea, que conta cunha antigüidade de máis de 15 anos e necesita unha mellora urxente para facilitar o tránsito rodado dos vehículos e accesibilidade dos veciños.

Ambos proxectos estarán a licitación pública no perfil do contratante municipal ata o 20 de xuño e o prazo estimado de duración dos traballos é de 1 mes para o barrio de Labarta e de 3 meses para o lugar do Vilar.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X