Estás en:Emprego Novas

O Plan único da Deputación inviste este ano preto de 18 millóns nos concellos da comarca da Coruña

1,5 millóns de euros destínanse para financiar gastos sociais nos 19 concellos da zona

O programa provincial dedica tamén máis de 4,1 millóns de euros para levar a cabo 43 obras e 3,3 para financiar servizos básicos dos municipios como alumeamento ou recollida de lixo

Valentín González Formoso destacou a utilidade do Plan único para "reactivar a economía, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise"

O Plan único da Deputación inviste este ano preto de 18 millóns nos concellos da comarca da Coruña

O Plan único (POS+2022) da Deputación da Coruña alcanzará este ano os 17.941.143 euros investidos nos concellos da comarca da Coruña e As Mariñas, dos 4,1 xa teñen como destino o financiamento de 43 obras (uns números que se irán incrementando ao longo do ano cos fondos adicionais do plan) e preto de 1,5  destínanse a financiar gastos sociais nos municipios co obxectivo de protexer os colectivos máis vulnerables.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para "contribuír á reactivación económica, cun investimento moi importante que este ano alcanza os 90 millóns na provincia, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio aos concellos nos seus programas sociais"

1,5 millóns de euros para gasto social

O Plan único achega preto de 1,5 millóns de euros aos 19 concellos da comarca para paliar os efectos sociais provocados pola pandemia. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 34.744,77 euros de Coirós e os 169.839 euros que recibe Arteixo. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.

4,1 millóns para 43 obras

Dentro do plan, 19 concellos da comarca executarán un total de 43 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras.

Entre os investimentos destacan a construción dunha rotonda e mellora da instersección da avenida de Vilaboa (N-550) coa rúa alcalde Domingo Sierra, en Culleredo, cun investimento de 474.150 euros; a dotación de novo terreo de xogo de herba artificial ao campo de fútbol Eugenio Pardo Conchado de Oleiros (353.447 €), a primeira fase das obras de mellora do Paseo dos Templarios de Cambre (118.404 €), a construción dunha nova senda peonil en Veigue –Sada (205-539 €), ou as obras de mellora nas rúas Xudeos, Cruz Verde (271.533 euros) e avenida Jesús García Naveira (65.243 €) de Betanzos.

Entre os concellos que apostan por mellorar camiños e estradas municipais figuran Aranga (263.688 euros), Abegondo (206.723 €) Arteixo (248.433 €), Irixoa (124.293 €) ou Curtis (121,067 €), mentres Coirós financia con 40.212 € un novo proxecto de mellora do alumeamento público en Lesa.

Dezasesis concellos da comarca (todos agás Aranga, Betanzos e A Coruña) destinan parte dos fondos do Plan único a financiar gasto corrente, que inclúe servizos básicos como o alumeamento municipal ou a recollida de lixo. Cambre é o único concello da comarca que destina este ano parte dos fondos a redución de débeda (19.091, 93 €)

O Plan único ofrécelles aos concellos total liberdade á hora de decidir en que investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.

CONCELLO

GASTO       CORRENTE

INVESTIMENTOS

REDUCIÓN DÉBEDA

 

GASTO SOCIAL

ADICIONAL

1/2022

 

 

POS+ ADICIONAL

2/2022

TOTAL

ABEGONDO

113.207,88

206.723,89

 

76.193,39

457.160,30

853.285,46 

ARANGA

 

263.688,24

 

61.080,79

366.484,71

691.253,74 

ARTEIXO

485.256,78

248.443,25

 

169.839,87

1.019.039,24

1.922.579,14

BERGONDO

100.000,00

134.538,72

 

55.582,72

333.496,32

623.617,76 

BETANZOS

 

385.884,88

 

70.094,06

420.564,31

876.543,25 

CAMBRE

346.459,17

208.404,71

19.091,93

121.260,72

727.564,26

1.422.780,79 

CARRAL

86.499,56

288.983,63

 

56.763,85

340.583,06

772.830,10 

COIRÓS

99.270,75

40.212,95

 

34.744,77

208.468,58

382.697,05 

CORUÑA (A)

 

194.280,18

 

29.312,24

175.873,38

399.465,80 

CULLEREDO

422.320,51

527.964,77

 

147.812,18

886.873,07

1.984.970,53 

CURTIS

167.357,76

121.066,72

 

65.839,24

395.035,37

749.299,09 

IRIXOA

124.072,04

124.293,10

 

43.425,21

260.551,28

552.341,63 

MIÑO

178.039,14

123.450,82

 

53.431,59

320.589,55

675.511,10 

OLEIROS

457.507,10

325.946,92

 

160.127,48

960.764,91

1.904.346,41  

OZA-CESURAS

189.307,79

254.801,23

 

109.551,92

657.311,88

1.210.972,82 

PADERNE

116.438,13

80.747,26

 

40.753,34

244.520,07

482.458,80 

SADA

238.122,61

393.328,70

 

83.342,92

500.057,48

1.214.851,71 

SOBRADO

188.540,41

99.692,78

 

65.989,14

395.934,86

750.157,19 

VILASANTAR

68.684,05

116.351,59

 

40.877,92

245.267,51

471.181,07 

TOTAL

3.381.083,68

4.138.804,34

19.091,93 

1.486.023,35

8.916.140,14

17.941.143,44

 

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X