Estás en:Emprego Novas

O Plan único da Deputación inviste este ano 25,4 millóns nos concellos da comarca de Santiago

Máis de 2 millóns euros destínanse para financiar gastos sociais nos 26 concellos da zona

O programa provincial dedica tamén máis de 6,6 millóns de euros para levar a cabo 70 obras e 4,1 millóns para financiar servizos básicos dos municipios como alumeamento ou recollida de lixo

Valentín González Formoso destacou a utilidade do Plan único para "reactivar a economía, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise"

O Plan único da Deputación inviste este ano 25,4 millóns nos concellos da comarca de Santiago

O Plan único (POS+2022) da Deputación da Coruña alcanzará este ano os 25.426.909 euros investidos nos concellos da comarca de Santiago, dos que 6,6 millóns xa teñen como destino o financiamento de 70 obras (uns números que se irán incrementando ao longo do ano cos fondos adicionais do plan) e 4,1 millóns destínase a financiar gastos sociais nos municipios co obxectivo de protexer os colectivos máis vulnerables.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para "contribuír á reactivación económica, cun investimento moi importante que este ano alcanza os 90 millóns na provincia, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio aos concellos nos seus programas sociais"

2 millóns para gasto social

O Plan único achega 2.077.857 euros aos 26 concellos da comarca para gastos sociais. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 31.918 euros de Dodro e os 157.736 que recibe Ames. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.

6,6 millóns para 70 obras

Dentro do plan, todos os concellos da comarca executarán un total de 70 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras.

Entre os investimentos destacan a rexeneración de espazos deportivos do campo de fútbol de Ortoño (268.155 €) e a reparación da cuberta do pavillón municipal de Bertamiráns (170.758 €) en Ames, a humanización da contorna da igrexa de San Martiño e Liñaio e a mellora dos accesos a Gonte e Xallas (146.602 €) en Negreira, o saneamento de Gouzón, Castiñeira e Altiboia (258.148 €) en Ordes, a creación dun circuito de pumptruck e un parque infantil en Padrón, a creación dunha senda peonil entre o polígono do Tambre e o centro sociocultural de Gracia (231.095 €) en Santiago de Compostela, ou a mellora do saneamento en Bazar (81.066 €) en Vedra.

Entre os concellos que apostan por mellorar camiños e estradas municipais figuran Val do Dubra (243.085 €), Trazo (261.251 €), Touro (197.985 €), Tordoia (190.082 €), Teo (452.343 €), Santa Comba (545.246 €) Oroso (346.306 €) ou Arzúa (194.155 €).

Vinte tres concellos da comarca (todos agás Ames, Padrón e Santiago) destinan parte dos fondos do Plan único a financiar gasto corrente, que inclúe servizos básicos como o alumeamento municipal ou a recollida de lixo. Outros seis (Ames, A Baña, Frades, Ordes, Oroso e Vedra) destinan este ano parte dos fondos a redución de débeda.

O Plan único ofrécelles aos concellos total liberdade á hora de decidir en qué investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.

CONCELLO

GASTO       CORRENTE

INVESTIMENTOS

REDUCIÓN DÉBEDA

 

GASTO SOCIAL

ADICIONAL

1/2022

 

POS+ ADICIONAL

2/2022

TOTAL

AMES

 

1.038.553,53

33.800,65

157.736,37

946.418,24

2.176.508,79

ARZÚA

299.534,06

194.155,29

 

104.836,92

629.021,53

1.227.547,80

A BAÑA

196.191,09

112.550,70

14.714,33

68.666,88

412.001,29

804.124,29

BOIMORTO

164.866,01

118.026,71

 

57.703,11

346.218,62

686.814,45

BOQUEIXÓN

180.525,03

198.737,40

 

63.183,76

379.102,56

821.548,75

BRIÓN

202.293,97

137.833,18

 

70.802,88

424.817,34

835.747,37

DODRO

94.053,36

46.533,58

 

32.918,68

197.512,06

371.017,68

FRADES

161.138,64

78.154,08

12.085,40

56.398,52

338.391,14

646.167,78

MELIDE

279.171,87

183.248,79

 

97.710,15

586.260,93

1.146.391,74

MESÍA

185.352,53

135.369,45

 

64.873,39

389.240,31

774.835,68

NEGREIRA

253.027,49

146.602,83

 

88.559,62

531.357,73

1.019.547,67

ORDES

334.701,89

316.061,68

25.102,64

117.145,66

702.873,97

1.495.885,84

OROSO

171.692,66

346.306,76

15.525,80

72.453,72

434.722,30

1.040.701,24

PADRÓN

 

251.044,75

 

61.651,12

369.906,75

682.602,62

O PINO

237.876,42

118.596,53

 

83.256,75

499.540,48

939.270,18

ROIS

195.839,35

87.384,91

 

68.543,77

411.262,64

763.030,67

S. COMBA

52.713,58

545.246,53

 

126.487,89

758.927,34

1.483.375,34

SANTIAGO

 

800.467,75

 

125.043,94

750.263,70

1.675.775,39

SANTISO

87.631,12

136.759,85

 

56.125,47

336.752,87

617.269,31

TEO

323.689,56

452.343,22

 

113.291,34

679.748,08

1.569.072,20

TOQUES

47.502,13

210.000,00

 

49.657,26

297.943,59

605.102,98

TORDOIA

202.117,43

190.082,70

 

70.741,10

424.446,60

887.387,83

TOURO

175.000,00

197.985,12

 

79.227,98

475.367,82

927.580,92

TRAZO

98.130,02

261.251,21

 

63.500,74

381.004,39

803.886,36

VAL DO DUBRA

32.876,72

243.085,33

 

69.612,39

417.674,38

763.248,82

VEDRA

164.936,75

81.066,01

12.370,26

57.727,86

346.367,18

662.468,06

TOTAL

4.140.861,68 

6.627.447,89

113.599,08

2.077.857,27

12.467.143,84

25.426.909,76

 

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X