Estás en:Emprego Novas

A Deputación financia as obras de reurbanización das rúas Ramón Noguera e Irmáns Fernández, en Camariñas

Os traballos comezaron hoxe e teñen un orzamento de 128.346,03 euros

A Deputación financia as obras  de reurbanización das rúas Ramón Noguera e Irmáns Fernández, en Camariñas

O Concello de Camariñas levou a cabo a acta de replaneo previa ao inicio dos traballos para a reurbanización das céntricas rúas Ramón Noguera e Irmáns Fernández. O proxecto conta cun orzamento de 128.346,03 euros e está financiado a través dun convenio coa Deputación da Coruña polo que a administración provincial achegará 102.676,82 euros, o 80% do total.

A actuación centrarase na pavimentación das rúas citadas. Para isto, aplicarase un novo firme de formigón armado na rúa Ramón Noguera e de aglomerado asfáltico en Irmáns Fernández, material que tamén se usará para o entronque coa Avenida da Coruña.

Previamente á pavimentación procederase á execución dunha rede de saneamento de augas fecais con bombeo co obxectivo de canalizalas á rede xeral que conduce á estación depuradora e evitando así que se produzan vertidos ao mar. Paralelamente, instalarase outra rede para a recollida e evacuación de augas pluviais.

Finalmente, levarase a cabo á ordenación do encontro destas dúas rúas coa Avenida da Coruña. Para facilitar a mobilidade habilitarase un paso peonil de pedra granítica que conectará a Avenida da Coruña coas rúas a través da illa existente, na que se renovará a zona verde, instalarase unha luminaria e tamén unha varanda. Ademais, reordenaranse as prazas de aparcadoiro en toda a zona.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X