Estás en:Emprego Novas

O Plan Único da Deputación financia a construción de beirarrúas en Probaos e Os Lagos, no concello de Oza-Cesuras

Mellorarase a seguridade no acceso desde O Emplame ao cemiterio de Probaos cunha senda de 411 metros

O Plan Único da Deputación financia a construción de beirarrúas en Probaos e Os Lagos, no concello de Oza-Cesuras

O Plan Único da Deputación da Coruña financia a construción de beirarrúas nos Lagos (Oza) e na parroquia de Probaos, no concello de Oza-Cesuras.

As obras, cun investimento total de 130.208 euros, dos que a Deputación achega 123.700 €, están a licitación na Plataforma de Contratación do Estado ata o vindeiro 17 de abril.

Nos Lagos, preto do núcleo de Lois, executarase unha senda peonil de 1,80 metros de ancho que permita a circulación segura dos viandantes e veciñanza nunha zona onde hai varias vivendas próximas. Ademais executarase unha nova rede de recollida de pluviais que permitirá eliminar as actuais escorrentías das marxes da calzada, o que dotará de maior seguridade á vía.

A outra actuación terá lugar nas marxes da estrada provincial DP 2602, desde a súa intersección coa DP 1014 no Empalme ata o camiño que leva ao cemiterio parroquial de Probaos, o que permitirá unha circulación segura tanto nos accesos á igrexa como ao cemiterio. As obras inclúen tamén a dotación dunha nova rede de recollida de pluviais. A senda contará con 411 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X