Estás en:Emprego Novas

A rapazada dos Campamentos de Verán da Deputación gozou dunha xornada no Aquapark de Cerceda

Foron recibidos pola deputada provincial de Deportes en funcións, Cristina Capelán, que compartiu con eles as súas impresións sobre os primeiros días de campamento

A visita ao parque acuático é unha das moitas actividades preparadas que se levarán a cabo durante os campamentos, nos que participarán este mes 400 nenos e nenas

A rapazada dos Campamentos de Verán da Deputación gozou dunha xornada no Aquapark de Cerceda

Un centenar de nenos e nenas que participan nos Campamentos de Verán da Deputación da Coruña gozou dunha excelente xornada pasada por auga no Aquapark de Cerceda.

Foron recibidos pola deputada provincial en funcións e concelleira da localidade, Cristina Capelán, que compartiu as súas impresións con eles sobre os primeiros días de campamento.

A visita ao parque acuático é unha das moitas actividades preparadas que se levarán a cabo durante os campamentos, que se extenderán durante todo o mes de xullo coa participación de 400 nenos e nenas de todos os concellos da provincia da Coruña.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X