A Deputación apoia con 448.000 euros a celebración de 24 grandes eventos deportivos na provincia da Coruña
O Pantín Classic, o campionato de Europa de Surf adaptado, o NothWest Triman das Pontes, Equiocio, e os Rallyes de Ferrol, Coruña e Narón entre os eventos que apoia este ano a Deputación
A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión provisional de 24 axudas económicas a outros tantos clubs, asociacións e sociedades deportivas da provincia que levan a cabo distintos eventos deportivos de singular interese nos concellos da provincia durante o ano 2023.
As achegas provinciais, incluídas nunha das múltiples liñas de subvencións ao deporte que impulsa cada ano a Deputación, supoñen investimentos por un importe global de 448.000 euros, que teñen como obxectivo "apoiar a celebración de grandes eventos deportivos, que reúnen a deportistas de gran nivel e que, ademais de fomentar o deporte, contribúen a proxectar a imaxe da nosa provincia a nivel nacional e internacional ", segundo destacou o deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, que subliñou que a Deputación destina este ano 4,5 millóns de euros en diferentes liñas de axudas para impulsar o deporte coruñés, desde as categorías de base a grandes eventos coma estes.
Entre as axudas concedidas na convocatoria inclúense probas deportivas de renome como o Pantín Classic, os Rallyes de Ferrol, A Coruña e Narón, Equiocio en Ferrol, a Copa España X Rutas Xacobeas de Ciclismo, o Torneo Cidade de Santiago de Baloncesto Feminino, o NorthWest Triman das Pontes ou o campionato de Europa de seleccións de surf adaptado.
Listaxe completa das axudas concedidas:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/08/02/2023_0000005963.html