Estás en:Emprego Novas

O Plan Único da Deputación da Coruña financia con 88,5 millóns de euros obras, servizos e programas sociais nos concellos da provincia

O pleno aprobou hoxe por unanimidade a derradeira achega adicional de 25 millóns de euros, que fai que o orzamento total do POS+ alcance os 88,5 millóns en 2023

Con estes fondos os concellos financian este ano preto de 400 obras na provincia este ano, numerosos servizos públicos esenciais e políticas sociais 

O Plan Único da Deputación da Coruña financia con 88,5 millóns de euros obras, servizos e programas sociais  nos concellos da provincia

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade a última achega adicional de 25 millóns de euros para o Plan Único (POS+2023).

Con esta derradeira partida, o Plan Único alcanza este ano 2023 un orzamento total de 88.568.408 euros. A Deputación asigna os fondos que corresponden a cada un dos 93 municipios da provincia en base a criterios obxectivos (poboación, superficie do concello, número de parroquias...), e son os propios concellos os que deciden o destino final dos fondos que poden destinarse a financiar obras, servizos públicos como recollida de lixo, alumeado público, limpeza viaria e de espazos públicos ou persoal de centros municipais. Unha parte dos fondos, 7 millóns de euros, destínanse tamén a financiar o mantemento de políticas e axudas sociais dos municipios.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou a importancia do Plan Único para que os concellos, especialmente aqueles máis pequenos e rurais, poidan ofrecer servizos públicos de calidade e financiar obras que permitan fixar poboación e mellorar a calidade de vida da veciñanza. "A creación do Plan Único supuxo multiplicar por catro o investimento que a Deputación realiza nos concellos. Hoxe máis de 3.900 obras e unha parte importante dos servizos municipais dos que gozan os cidadáns contan co apoio económico da Deputación", destacou o presidente.

Cun orzamento que representa cada ano arredor de 90 millóns de euros anuais, case a metade do orzamento anual inicial da institución, o Plan Único da Deputación da Coruña é o maior plan de obras e servizos das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España.

A deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, Cristina García Rey, pola súa parte, sinalou a función dos máis de 25 millóns aprobados nesta segunda fase do POS adicional para os concellos, "dos cales, máis de 17 puideron destinalos a sufragar o gasto corrente". Deste xeito, "non só permite investimentos importantes, senón que tamén lles axuda co incremento inasumible en moitos casos destes gastos".

3.920 obras na provincia

Con cargo ao Plan Único, os concellos coruñeses financiaron nos últimos anos 3.920 obras, das que case 400 corresponden á anualidade de 2023. Trátase dun volume moi importante de obra pública que contribúe tanto á creación de emprego e actividade económica como á modernización e mellora das infraestruturas municipais.

Nos concellos da comarca da Coruña e As Mariñas, o Plan Único inviste este ano 18,6 millóns euros e financia 67 obras; en Ferrolterra-Ortegal suma 16,9 millóns e 89 obras; na área de Compostela 119 obras e máis de 26 millóns de investimento; máis de 15,2 millóns en Bergantiños-Costa da Morte con 74 obras e 47 na comarca de Barbanza, onde suma un investimento total de 11,5 millóns de euros.

A Deputación insta á Xunta reducir a menos de dous meses os permisos sectorais que ralentizan a execución de obras

O pleno da Deputación da Coruña aprobou tamén unha moción presentada por PSOE e BNG instando á Xunta de Galicia a axilizar a tramitación dos permisos sectoriais por parte das consellerías responsables a un máximo de dous meses, co fin de facilitar a execución de melloras e investimentos na rede provincial de estradas.

Moitas das obras programadas nos máis de 2.000 quilómetros de estradas dependen das autorizacións de distintos departamentos dependentes da Xunta que se demoran durante prazos demasiado longos de tempo debido a estes trámites burocráticos.

No texto aprobado hoxe cítase, por exemplo, que o 80% das autorizacións que dependen de Augas de Galicia demóranse unha media de 409 días, o que supón máis de un ano agardando por un trámite. Situacións similares suceden coas autorizacións necesarias de Patrimonio, a Axencia Galega de Infraestruturas ou Medio Ambiente, dependentes da administración autonómica.

INVESTIMENTO DO PLAN ÚNICO (POS+ 2023) POR CONCELLOS E COMARCAS

 

Plan Único 2023

Comarca da Coruña

Concello

Obras e gasto corrente

Gasto social

Total POS+2023

(A)

(B)

(A+B)

Abegondo

849.560,55

76.422,52

925.983,07

Aranga

691.449,80

61.583,36

753.033,16

Arteixo

2.019.718,30

170.180,98

2.189.899,28

Bergondo

618.106,11

55.882,47

673.988,58

Betanzos

1.068.444,44

70.149,17

1.138.593,61

Cambre

1.372.548,76

120.970,38

1.493.519,14

Carral

639.532,94

56.968,65

696.501,59

Coirós

390.584,24

34.801,38

425.385,62

Coruña (A)

333.130,41

29.271,08

362.401,49

Culleredo

1.831.093,16

148.165,54

1.979.258,70

Curtis

741.813,80

65.975,59

807.789,39

Irixoa

546.601,96

43.407,71

590.009,67

Miño

629.510,32

53.694,51

683.204,83

Oleiros

1.783.442,64

161.239,60

1.944.682,24

Oza-Cesuras

1.222.887,45

109.783,27

1.332.670,72

Paderne

454.747,86

40.720,07

495.467,93

Sada

992.457,77

83.835,85

1.076.293,62

Sobrado

735.053,61

65.907,18

800.960,79

Vilasantar

457.316,97

40.988,08

498.305,05

TOTAL

17.378.001,09

1.489.947,39

18.867.948,48

 

Plan Único 2023

Comarca Ferrolterra-Ortegal

Concello

Obras e gasto corrente

Gasto social

Total POS+2023

(A)

(B)

(A+B)

Ares

511.744,13

41.796,06

553.540,19

Cabanas

463.775,96

40.058,87

503.834,83

Capela (A)

431.945,90

36.114,81

468.060,71

Cariño

480.767,33

43.465,78

524.233,11

Cedeira

772.423,91

68.099,97

840.523,88

Cerdido

382.463,31

33.372,18

415.835,49

Fene

829.281,32

72.534,08

901.815,40

Ferrol

767.038,77

56.922,63

823.961,40

Mañón

540.341,29

47.237,76

587.579,05

Moeche

412.540,14

35.557,34

448.097,48

Monfero

916.935,69

78.472,84

995.408,53

Mugardos

472.911,63

41.162,43

514.074,06

Narón

2.042.363,23

173.029,90

2.215.393,13

Neda

451.715,24

39.873,80

491.589,04

Ortigueira

1.465.257,89

119.944,26

1.585.202,15

Pontedeume

610.567,64

55.181,47

665.749,11

Pontes de Gª Rodríguez (As)

1.629.754,08

145.427,52

1.775.181,60

San Sadurniño

715.069,37

58.957,41

774.026,78

Somozas (As)

562.989,16

48.079,91

611.069,07

Valdoviño

772.213,55

69.750,19

841.963,74

Vilarmaior

368.238,96

30.583,43

398.822,39

TOTAL

15.600.338,50

1.335.622,64

16.935.961,14

 

 

Plan Único 2023

Comarca de Santiago

Concello

Obras e gasto corrente

Gasto social

Total POS+2023

(A)

(B)

(A+B)

Ames

1.912.809,44

157.314,02

2.070.123,46

Arzúa

1.249.498,62

104.696,92

1.354.195,54

Baña (A)

793.976,98

68.539,52

862.516,50

Boimorto

640.963,29

56.841,35

697.804,64

Boqueixón

719.416,84

63.058,52

782.475,36

Brión

841.442,19

71.268,69

912.710,88

Dodro

367.969,44

33.153,51

401.122,95

Frades

629.072,46

56.358,06

685.430,52

Melide

1.163.986,92

97.615,58

1.261.602,50

Mesía

739.652,49

64.966,77

804.619,26

Negreira

1.052.733,33

88.592,44

1.141.325,77

Ordes

1.301.902,03

116.948,67

1.418.850,70

Oroso

907.973,56

71.528,56

979.502,12

Padrón

749.937,03

61.385,04

811.322,07

Pino (O)

927.345,91

83.022,58

1.010.368,49

Rois

760.838,77

68.471,06

829.309,83

Santa Comba

1.397.493,35

126.346,23

1.523.839,58

Santiago de Compostela

1.455.192,13

124.847,93

1.580.040,06

Santiso

616.126,70

55.657,79

671.784,49

Teo

1.369.876,03

113.612,80

1.483.488,83

Toques

566.433,80

50.069,87

616.503,67

Tordoia

780.245,73

70.388,18

850.633,91

Touro

878.157,87

79.206,87

957.364,74

Trazo

703.217,64

63.577,33

766.794,97

Val do Dubra

775.054,81

70.072,07

845.126,88

Vedra

642.672,00

57.730,64

700.402,64

TOTAL

23.943.989,36

2.075.271,00

26.019.260,36

 

 

 

Plan Único 2023

Comarca de Bergantiños-Costa da Morte

Concello

Obras e gasto corrente

Gasto social

Total POS+ 2023

(A)

(B)

(A+B)

Cabana de Bergantiños

741.785,18

66.868,55

808.653,73

Camariñas

555.446,10

49.873,87

605.319,97

Carballo

2.235.350,32

195.871,55

2.431.221,87

Cee

718.589,07

61.668,93

780.258,00

Cerceda

828.273,42

73.788,40

902.061,82

Corcubión

226.509,92

20.412,31

246.922,23

Coristanco

1.023.807,94

92.561,64

1.116.369,58

Dumbría

834.350,73

69.450,24

903.800,97

Fisterra

438.682,07

39.660,89

478.342,96

Laxe

461.970,13

39.229,48

501.199,61

Laracha (A)

1.209.098,47

103.026,34

1.312.124,81

Malpica de Bergantiños

831.142,78

56.813,52

887.956,30

Muxía

909.440,47

79.638,05

989.078,52

Ponteceso

820.622,36

74.191,80

894.814,16

Vimianzo

1.216.563,86

108.092,52

1.324.656,38

Zas

959.289,27

85.469,94

1.044.759,21

TOTAL

14.010.922,09

1.216.618,03

15.227.540,12

 

 

 

 

 

 

 

 

Plan Único 2023

Comarca do Barbanza

Concello

Obras e gasto corrente

Gasto social

Total POS+ 2023

(A)

(B)

(A+B)

Boiro

1.282.109,63

111.152,04

1.393.261,67

Carnota

601.988,75

51.683,64

653.672,39

Lousame

669.840,11

57.551,59

727.391,70

Mazaricos

1.057.910,25

95.262,72

1.153.172,97

Muros

822.576,14

70.814,39

893.390,53

Noia

857.593,95

76.415,63

934.009,58

Outes

866.846,30

73.225,63

940.071,93

Pobra do Caramiñal (A)

638.897,48

57.391,58

696.289,06

Porto do Son

924.770,61

82.617,57

1.007.388,18

Rianxo

810.476,49

72.804,36

883.280,85

Ribeira

2.102.147,33

133.621,79

2.235.769,12

TOTAL

10.635.157,04

882.540,94

11.517.697,98

 

 

 

 

RESUMO TOTAL DO POS+2023

Comarcas

Total obras e gasto corrente

Total gasto social

Total POS+2023

Núm. obras

(A)

(B)

(A+B)

 

Comarca da Coruña

17.378.001,09

1.489.947,39

18.867.948,48

67

Comarca Ferrolterra-Ortegal

15.600.338,50

1.335.622,64

16.935.961,14

89

Comarca de Santiago

23.943.989,36

2.075.271,00

26.019.260,36

119

Comarca Bergantiños-Costa da Morte

14.010.922,09

1.216.618,03

15.227.540,12

74

Comarca do Barbanza

10.635.157,04

882.540,94

11.517.697,98

47

Total

81.568.408,08

7.000.000,00

88.568.408,08

396

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X