Estás en:Emprego Novas

A Deputación e o Concello de Ribeira estudan diferentes posibilidades para mellorar a comercialización dos produtos do mar locais

A deputada de Mar, Cristina Capelán, mantivo unha reunión co executivo ribeirense e o patrón maior de Aguiño para tratar diferentes estratexias sobre o desenvolvemento económico do Concello

Capelán trasladoulle ao executivo local e ao sector pesqueiro ribeirense o seu "compromiso total de colaborar coas confrarías para impulsar o crecemento económico".

A Deputación e o Concello de Ribeira estudan diferentes posibilidades para mellorar a comercialización dos produtos do mar locais

A deputada provincial de Mar, Cristina Capelán, desprazouse esta mañá ata o Concello de Ribeira para manter unha reunión co seu alcalde, Luis Pérez Barral, os concelleiros municipais Francisco Suárez-Puerta e Fernando Abraldes, así como tamén co patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría, na cal trataron diferentes estratexias sobre o desenvolvemento económico do Concello.


Durante o encontro estudaron a posibilidade de establecer liñas de axuda que permitan ás confrarías desenvolver estratexias comerciais eficaces e eficientes. Do mesmo xeito, abordaron a importancia de crear unha marca forte, co obxectivo de potenciar a promoción dos produtos das entidades mariñeiras locais.

Outro dos asuntos tratados durante a reunión foi a busca de solucións á prohibición da exportación de reloxiño a fóra da península ibérica, para as que Capelán se comprometeu a seguir a procurar solucións.
A deputada trasladoulle ao executivo local e ao sector pesqueiro ribeirense o seu "compromiso total de colaborar coas confrarías para impulsar o crecemento económico".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X