Estás en:Emprego Novas

A Deputación destina 184.747 euros para apoiar a entidades labregas, agrarias e forestais da provincia

A deputada de Mar, Agro e Medio Rural, Cristina Capelán, sinalou que a liña de axudas do ente provincial permitirá "apoiar a un sector de grande importancia social e económica"

Beneficiaranse delas un total de 28 entidades con axudas de 6.600 euros

A Deputación destina 184.747 euros para apoiar a entidades labregas, agrarias e forestais da provincia

A Deputación da Coruña dá apoio a entidades asociativas labregas, agrarias, gandeiras e forestais e da provincia cunha liña de axudas de 184.747 euros. Este programa permitirá financiar novo equipamento, acondicionar infraestruturas e impulsar programas que melloren a comercialización de produtos propios.

Un total de 28 entidades da provincia recibirán as axudas, por importe de 6.600 euros, a través das que a Deputación da Coruña busca impulsar os proxectos de valorización e comercialización de produtos, previr incendios e mellorar o medio rural.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar a concesión provisional destas contías, que se destinarán a cuestións como a promoción de produtos agrogandeiros de proximidade, fomento das producións avícolas artesanais, melloras na eficiencia enerxética das instalacións, rozas e arranxo de pistas forestais e montes ou prevención de incendios

A deputada responsable da área de Mar, Agro e Medio Rural, Cristina Capelán, sinalou que estas subvencións permitirán "apoiar a un sector de grande importancia social e económica na provincia da Coruña ".

Listaxe de entidades beneficiarias:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/11/17/2023_0000009107.html

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X