Estás en:Emprego Novas

A Deputación financia as obras de demolición dunha nave e o acondicionamento da parcela onde se sitúa a rúa Doutor Soneira, no Concello de Cariño

A actuación consiste en demoler a edificación, que na actualidade está en mal estado, para mellorar a seguridade e facilitar o tráfico rodado

A Deputación financia as obras de demolición dunha nave e o acondicionamento da parcela onde se sitúa a rúa Doutor Soneira, no Concello de Cariño

O Plan Único da Deputación da Coruña financia con 36.000 euros as obras de demolición dunha nave e o acondicionamento da parcela onde localiza, na rúa Doutor Soneira, no Concello de Cariño. As obras están en fase de licitación ata o 4 de xaneiro.

O obxecto desta actuación é demoler unha edificación que na actualidade se atopa en mal estado e que é propiedade do Concello de Cariño.

Realizarase a demolición da cuberta da edificación existente e de algo máis da metade dos muros de peche e o derrubo da soleira da edificación e o encaixe de 40 cm para estender unha nova pavimentación en toda a parcela despois da demolición.

A continuación, colocarase unha subbase de xabre de 20 cm. en toda a parcela, e executarase un novo pavimento de formigón de outros 20 cm. de espesor. Construirase un muro de fábrica de bloque armado pechando toda a extensión da nave non demolida, de 3 metros de altura.

Por último, pintarase a cara exterior de todo o peche, para homoxeneizar a imaxe co seu exterior.

Coa finalización desta execución mellorarase a seguridade, tanto dos vehículos como dos peóns, evitando os riscos de desprendementos que se dan na actualidade. Ademais, mellorarase a hixiene e a salubridade do entorno e incrementarase a seguridade viaria ao ampliar o ancho e a visibilidade na rúa Doutor Soneira.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X