Estás en:Emprego Novas

A Deputación apoia a exaltación da vieira da ría da festa da virxe da Parrocheira, en Ferrol

A Deputación apoia a exaltación da vieira da ría da festa da virxe da Parrocheira, en Ferrol

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o patrón maior da Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, Gustavo Chacartegui, e a deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, asinaron hoxe un convenio polo que a institución provincial colabora cunha achega de 14.180 euros no financiamento da exaltación da vieira da ría durante a festa da virxe da Parrocheira, en Ferrol, que tiveron lugar do 8 ao 10 de setembro.

A Confraría de Pescadores e Mariscadores conta con máis de 190 persoas socias e leva traballando ininterrompidamente desde hai máis de 100 anos, facéndose cargo da venda de peixe e marisco capturados polos traballadores e traballadoras do mar de Ferrol e dos portos veciños da Ría.

A entidade encárgase de dar continuidade a unha celebración histórica coa que se fai promoción dos produtos da Ría e do traballo dos mariñeiros e mariñeiras nela.

Con este convenio, a Deputación apoia a promoción dunha festividade que contribúe á xeración de emprego para este sector, dando a coñecer o produto entre os grandes distribuidores, e promove o consumo dun produto de calidade e proximidade, obtido de maneira sostible, poñendo en valor o traballo da xente de Ferrol.

Esta colaboración mostra o compromiso do ente provincial coas festas tradicionais de carácter cultural e gastronómico, neste caso cunha das máis antigas da cidade ferrolá e que se desfrutan nun lugar emblemático como o é o Peirao de Curuxeiras.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X