Estás en:Emprego Novas

O Plan Único da Deputación inviste en Mañón 637.222,99 € para obras e servizos municipais

A deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, estivo no municipio para abordar, co alcalde e o equipo de goberno, os datos e necesidades do Plan Único

100,5 M€ é o importe total que a Deputación repartirá, a través deste plan, entre os 93 concellos da provincia, sumando o importe da fase inicial e o das adicionais

O Plan Único da Deputación inviste en Mañón 637.222,99 € para obras e servizos municipais

O concello de Mañón recibiu a visita da responsable de plans provinciais e asistencia a municipios da Deputación, Cristina García Rey, que se reuniu co alcalde, Alfredo Dovale, e con parte da Corporación municipal para abordar os datos e as necesidades do Plan Único para este municipio. Un municipio que recibirá neste 2024 un total de 637.222,99 € para financiar as obras e servizos municipais "do xeito que o Concello o determine, en función das súas prioridades" apuntou a deputada.

Esta cantidade inclúe os 340.741,12 € iniciais e os 296.481,87 € adicionais, que se destinará a obras como a que visitaron a deputada acompañada do alcalde e do equipo de goberno de Mañón tras a xuntanza na Casa do Concello, Concretamente, acudiron á obra de acceso a San Fiz (O Barqueiro),.

"Obras como esta son posibles grazas ao Plan Único: unha ferramenta que lle permite aos concellos distribuír os fondos públicos da Deputación con autonomía para garantir unha mellor eficiencia", sinalou Cristina García Rey. "O obxectivo final, para nós, é contribuír a mellorar a calidade de vida e o benestar da veciñanza de cada concello da provincia".

O investimento do Plan Único en Mañón forma parte do importe total para toda a Comarca do Ortegal (Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira), que alcanza os 4.106.306,53 € sumando os 1.754.340,45 € iniciais e os 2.351.966,09 € adicionais. Importe que se inclúe nos 100,5 M€ que a entidade provincial reparte entre os 93 concellos da provincia.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X