Estás en:Emprego Novas

O Plan Único da Deputación financia con 389.886 euros as obras de acondicionamento da estrada de Baiuca a Santa Margarita, no concello da Laracha

As obras están en fase de licitación na Plataforma de Contratación do Estado ata o 24 de setembro e suporán a ampliación dun tramo e a renovación do firme do vial ao longo de 2,3 quilómetros

O Plan Único da Deputación financia con 389.886 euros as obras de acondicionamento da estrada de Baiuca a Santa Margarita, no concello da Laracha

O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña financia con 389.886 euros as obras de acondicionamento e mellora da estrada municipal que vai de Baiuca a Santa Margarita, no termo municipal de A Laracha.

As obras están actualmente en fase de licitación pública na Plataforma de Contratación do Estado ata o 24 de setembro.

Os traballos consistirán no ensanche dun tramo da calzada e o suavizado dalgunhas curvas existentes desde A Baiuca ata Propeste, facilitando así a circulación de vehículos en ambos sentidos. O ámbito de actuación é de algo máis de 2,3 quilómetros, divididos en tres tramos.

O primeiro deles, o que vai desde A Baiuca ata Propestre ten unha lonxitude de 1.350 metros e un ancho medio de plataforma de 4,70 metros, que se pretende incrementar a máis de 9 metros (3,50 metros en cada sentido), máis as correspondentes beiravías de medio metro e cunetas (0,70 m.).

O segundo e terceiro tramo, que vai desde Propeste ata Santa Margarita e no propio núcleo de Santa Margarita, suman unha lonxitude total de 1.005 metros. Nesta zona a estrada actual conta coa anchura suficiente (entre 8 e 8,50 metros de media), polo que os traballos non inclúen ampliación da plataforma e consistirán na reparación das fochancas, aplicación dunha nova capa de rodaxe e renovación da sinalización, tanto horizontal coma vertical.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X