Estás en:Emprego Novas

A Laracha recibe do Plan único da Deputación 1,4 M€ en 2024 para financiar as súas obras e servizos municipais

A deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, visitiou esta mañá o municipio para coñecer de primeira man as súas necesidades e investimentos

O Plan único inviste un total de 100,5 M€ nos 93 concellos da provincia durante este exercicio

A Laracha recibe do Plan único da Deputación 1,4 M€ en 2024 para financiar as súas obras e servizos municipais

A deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, visitou esta mañá o concello da Laracha, onde estivo acompañada do alcalde, José Manuel López Varela, e parte da corporación municipal. Esta visita enmárcase nos investimentos do Plan único, que este ano destinou ao municipio larachés un total de 1.437.280,93 € para financiar as obras e servizos municipais, e aos 93 concellos da provincia unha cantidade que alcanza os 100,5 millóns.

A deputada aproveitou para coñecer unha das actuacións que se executaron grazas a esta ferramenta de financiamento municipal. Concretamente, visitaron a obra de acondicionamento da estrada municipal desde DP1909 ata Outeiro.

Creado en 2017, o Plan único é o maior plan de cooperación municipal de Galicia, "que permite levar a cabo obras como a que visitamos hoxe da Laracha, pero tamén financiar servizos municipais que son esenciais para a veciñanza", sinalou Cristina García.

"Con esta ferramenta que lle permite aos concellos distribuír os fondos da Deputación en función das súas prioridades queremos gañar en eficiencia e axilidade, pero tamén, e o que é máis importante, mellorar a calidade de vida da cidadanía", engadiu.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X